Saltar ao contido principal

Lembrade que OZOCOgz agora tén tenda en liña

OZOCOgz é unha empresa modestiña na que puxemos as ilusións e que pretendemos que, ademais de vender produtos que xiren ao redor da nosa cultura e lingua, tamén poidamos espallar un chisquiño esa nosa forma de ver o mundo, o xeito galego de vivir.

Para iso, puxemos en marcha un proxecto no que estampamos deseños moi nosos en camisolas ou outros produtos para a venda, e facémosvolos chegar do xeito máis doado posíbel e intentando sempre facilitarvos e facilitarnos as cousas. Agora, un paso máis nese obxectivo é a nosa tenda en liña. Non deixa de ser unha proposta sinxela, paso previo a unha futura tenda virtual xa co noso dominio; poderíamos dicir que é un "proxecto piloto" que nos facilitou algunha ferramenta dixital gratuíta.



Pois ben, eis o resultado, unha tenda virtual na que poderdes mercar algúns dos nosos produtos dun xeito sinxelo e directo. Tendes a ligazón aquí mesmo debaixo, ou ben no menú da vosa esquerda. Botádelle un ollo e xa nos diredes:

http://ozocogz.redtienda.net/


Publicacións populares deste blog

TI NON ES DE AQUÍ? - Un xogo de mesa cultural - educativo, a nova aposta de OZOCOgz papelaría

TI NON ES DE AQUÍ? é un xogo de mesa en formato tradicional de taboleiro, tarxetas con preguntas e fichas, no que se pretende poñer a proba os coñecementos que os participantes teñen sobre Galicia, contestando preguntas sobre aspectos diferentes do país, divididas en 5 bloques ou áreas temáticas: lingua, literatura, biografías, premios literarios, Días das Letras, toponimia... prehistoria, os suevos, Prisciliano, idade media, irmandiños, política... monumentos, patrimonio, pintura, escultura, arquitectura, museos, etnografía...   música, cinema, televisión, televisión, radio, premios, deporte, festivais... xeografía, festas, pesca, agricultura, industria, gastronomía, fauna, flora... OBXECTIVO DO XOGO Rematar en primeiro lugar o percorrido do taboleiro, un percorrido polo mapa galego,   respondendo atinadamente o maior número de cuestións. DESTINATARIOS/AS DO XOGO TI NON ES DE AQUÍ? Está deseñado como xogo de sociedade para persoas cuns coñeceme

Celebramos o 1º aniversario da nosa tenda física. Esperámoste!

 

TI NON ES DE AQUÍ? Xúnior, continúa a saga!

Acaba de nacer a versión infantil do TI NON ES DE AQUÍ? , o TI NON ES DE AQUÍ ? edición Xúnior , un xogo amplamente demandado, sobre todo entre o sector do ensino, no que -debemos subliñalo e agradecelo- a versión para adultos do xogo tivo e segue a ter unha acollida fantástica. Vexamos con detemento en que consiste a versión para crianzas: Ti non es de aquí? edición Xúnior é un xogo de mesa no que os e as participantes deben demostrar os coñecementos que teñen sobre Galicia/Galiza e sobre outros temas de cultura xeral, contestando as cuestións que van xurdindo no xogo, divididas en 4 bloques ou áreas temáticas: 1. lingua; 2. ciencias, xeografía, recursos; 3. historia, patrimonio, tradicións, persoeiros, e 4. cultura xeral, actualidade. As tres primeiras categorías son específicas sobre o noso País. O xogo combina as preguntas con mini-retos que van poñer a proba as e os participantes en habilidades coma o debuxo ou a mímica, por exemplo. CONTIDO A c