En escasos días, concretamente o vindeiro mércores día 30 de abril, remata o prazo para poder presentardes as vosas propostas para o 2º Concruso de Micro-Relatos de OZOCOgz . Ides deixar fuxir a oportunidade de demostrar o que sodes capaces de facer coas palabras da nosa lingua? Veña! Que seguro que vos atopa a inspiración en calquera momento, non deixedes de enviar o voso relato! Agardámolo! As bases podedes velas aquí .
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.