Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: February, 2014

E xa van oito propostas! A qué esperas para participar no 2º Concurso de Micro-Relatos?

Son xa 8 as propostas presentadas ao 2º Concurso de Micro-Relatos de OZOCOgz, 8 propostas realmente interesantes. Lembrade que podedes ver os micro-relatos que se van presentando para o 2º Concurso de Micro-Relatos que puxemos en marcha na páxina de Facebook de OZOCOgz (nesta ligazón o evento do concurso), premendo na ligazón destacada que hai á vosa esquerda, no menú, xusto debaixo da nena de OZOCOgz.

Inda tendes tempo de vos presentar, non perdades a ocasión de demostrar o que sodes quen de facer coas palabras e coa imaxinación. As bases podedes velas aquí. O prazo remata o 30 de abril. Animádevos, botádelle imaxinación e escribide un relatiño. Podedes gañar un lote de libros e produtos de OZOCOgz.

Nova tenda colaboradora en Compostela, a libraría Pedreira únese á rede zoqueira!

Desde hoxe mesmo podedes atopar os produtos de OZOCOgz tamén na Libraría Pedreira de Santiago de Compostela, todo un clásico cando falamos de libros, non só como actividade comercial, senón tamén como estabelecemento promotor de diversidade de actos culturais en torno ao mundo da literatura. E agora tamén cos nosos produtos á venda!



Na Libraría PEDREIRA atoparedes sempre o mellor sorriso e un moi bo asesoramento. Chus e Antón atenderanvos con profesionalidade e o agarimo que a nosa literatura ofrece. Non deixedes de pasarvos e, de paso, aproveitade para mercar un produto de OZOCOgz!


Libraría Pedreira.
Rúa do Home Santo, 55. Compostela.
Telf. 981 585 403
Correo-e: libraria@librariapedreira.com
www.librariapedreira.com

Propostas presentadas para o 2º Concurso de Micro-Relatos de OZOCOgz

Deixámosvos aquí os micro-relatos que se van presentando para o 2º Concurso de Micro-Relatos que puxemos en marcha na páxina de Facebook de OZOCOgz (nesta ligazón o evento do concurso).




RELATO Nº1
A SOEDADE DO GAITEIRO, por Pichucho

- Apareceu tirado ao pé da Cruzo do Golpe coa cabeza fendida, o fol da gaita resgado e catro caramelos toffee ciscados polo chan. Pensouse que o atacaran para roubarlle o seu cativo xornal de músico e, na furia do enfrontamento, mallaran nel cun pau. Mais a realidade fora ben outra. As pescudas xudiciais revelaron que a cabeza fendeuna ao bater coa testa no pedestal do cruceiro. O fol da gaita esgazouno el mesmo, co xenio, tras quedárenlle a deber os da comisión o traballo feito. E os catro toffees? Seica adoitaba levarlle sempre un para a súa muller e os outros tres para cada un dos fillos. Aínda hoxe conserva o seu dona Carme, a carón dun retrato do defunto. E moito caro lle custou á viúva atopar a única fotografía solitaria do marido, sen gaita ningunha p…

Concurso de Micro-Relatos de OZOCOgz: nova edición!!!

Xa está de volta o noso concurso literario! O 2º Concurso de Micro-Relatos de OZOCOgz está en marcha!



O ano pasado celebrouse con grande éxito de participación o 1º Concurso de Micro-Relatos de OZOCOgz, e, en vista do bo resultado, vimos de poñer en marcha a segunda edición deste concurso. Desta volta, a temática é a música e podedes enviar as vosas propostas desde xa até o día 30 de abril deste 2014.

O xuri, como non podía ser menos, é de grande altura:

Tempo hai abondo, agora só tendes que darlle ao maxín e remitirnos as 140 palabras da vosa creatividade!

Velaquí podedes consultar as bases do concurso.


Xa somos unha familia de 1000 seareiros no Facebook!!!

fonte da imaxe: o fogueteiro © Eduardo Teixeira Pinto