Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2014

Campaña de Nadal e Reis

Como na anterior edición tivo bastante éxito imos repetir este ano a nosa particular Campaña do Nadal e Reis.
Se facedes unha encomeda por mensaxe no facebook ou por email (ozocogz@gmail.com) por un valor mínimo de 15 euros, e cumprides coa condición de vivirdes ou darnos un enderezo de entrega situado nun radio de 50 Km. como máximo da localidade do Carballiño (as localidades do círculo da imaxe), entregarémosvos o pedido en man durante a mañá do día 24 de decembro para pedidos de Nadal (Apalpador ou Papá Noel) ou durante a mañá do 5 de xaneiro para pedidos de Reis. O agasallo entregarase ben aqueladiño e sen ningún custe adicional para vós, máis que o PVP do produto pedido.
Importante!!! Facer a vosa encomenda como tope ata as 20 horas do día 23 de decembro no caso do Nadal ou as 20 horas do 4 de xaneiro no caso de que queiras que o teu agasallo chegue para Reis.
Moi boas Festas!!!



Un ano máis no CULTURGAL

Por terceiro ano consecutivo OZOCOgz vai estar no maior evento cultural da Galiza. Búscanos no stand número 1 e leva un pequeno agasallo en forma de almanaque ozoqueiro. Esta é a oferta cultural para a edición deste ano: CULTURGAL 2014.




Comezan a chegar os primeiros OZOCOS decorados.

OZOCOgz segue a percorrer País!

Este domingo podedes atoparnos en Bouzas (Vigo). Achegádevos ata alí. Unha enchente de cousas interesantes!



1º Concurso Infantil DECORA O TEU OZOCO

Había tempo que queriamos e, por fin, sacamos o tempo para facelo. Velaquí o primeiro concurso infantil de OZOCOgz, DECORA O TEU OZOCO Xestionarase dende a nosa páxina de facebook OZOCOgz e tenta espertar a creatividade das nosas crianzas. Quen sabe, quizais atopemos novos deseñadores ou deseñadoras para o futuro de OZOCOgz.
Nas seguintes ligazóns atoparedes as bases e a lámina base sobre a que deben traballar os nenos e nenas partcipantes:

BASES CONCURSO

LÁMINA para CONCURSAR
Agardamos impacientes aos/ás participantes.



As nosas tendas colaboradoras, non deixedes de visitalas!

(preme na imaxe para agrandala)
.

Próximas paradas en Vilaxoán e A Capela

En OZOCOgz seguimos coa xira de verán. Os próximos destinos son Vilaxoán (Festival Revenidas 2014) e A Capela (EtnoEume III). Premede nas imaxes para ver a información, e non deixedes de pasar a visitarnos!



Mercando no comercio local apoias a economía de noso

OZOCOgz no Festival de Pardiñas!

Non faltedes!


Cómo mercar en OZOCOgz

Preme na imaxe para agrandala e segue os pasos.


OZOCOgz no Festigal

Estamos ás portas do Día da Patria, celebración que na nosa empresiña imos compartir convosco pasando o día 25 no Festigal, cun stand de venda dos nosos produtos. Por alí nos vemos!

Para máis información sobre o Festigal, preme aquí.

Lembrade que OZOCOgz agora tén tenda en liña

OZOCOgz é unha empresa modestiña na que puxemos as ilusións e que pretendemos que, ademais de vender produtos que xiren ao redor da nosa cultura e lingua, tamén poidamos espallar un chisquiño esa nosa forma de ver o mundo, o xeito galego de vivir.

Para iso, puxemos en marcha un proxecto no que estampamos deseños moi nosos en camisolas ou outros produtos para a venda, e facémosvolos chegar do xeito máis doado posíbel e intentando sempre facilitarvos e facilitarnos as cousas. Agora, un paso máis nese obxectivo é a nosa tenda en liña. Non deixa de ser unha proposta sinxela, paso previo a unha futura tenda virtual xa co noso dominio; poderíamos dicir que é un "proxecto piloto" que nos facilitou algunha ferramenta dixital gratuíta.



Pois ben, eis o resultado, unha tenda virtual na que poderdes mercar algúns dos nosos produtos dun xeito sinxelo e directo. Tendes a ligazón aquí mesmo debaixo, ou ben no menú da vosa esquerda. Botádelle un ollo e xa nos diredes:

http://ozocogz.redtiend…

Domingo 6 de xullo: entrega do premio do 2º Concurso de Micro-Relatos

Esta fin de semana, concretamente o domingo día 6 de xullo, na Taberna Acevedo de Xunqueira de Ambía, entregaremos o premio ao mellor relato do 2º Concurso de Micro-Relatos de OZOCOgz.

Estades tod@s convidad@s!


Lembrámosvos o relato gañador, de Pedro Rielo:

O bisbar do vento sobre os mastros dos barcos soa como unha arpa que toca un músico sen faciana coñecida. Pero hai algo máis: a escuma que no caer das ondas recita versos dun poeta que só figura nos almanaques da memoria. E non é a única música. Alguén está a tocar o piano decididamente, coma un compositor que perdeu a cabeza por un amor contrariado.Ritmo que voga no bruar azul cobalto, mentres que as medusas namoradas bailan ao rente dunha buguina tecendo esculturas de salitre.Hai un náufrago como solista na orquestra do mar. Melodías acompañadas polas notas dos congros que tocan sen necesidade de ollar de esguello o pentagrama apoiado no fondo da area.O piano, seguramente caído dalgún barco, zoupa contra o acantilado do faro, cun …

Gañador do 2º Concurso de Micro-Relatos OZOCOgz

Por fin, unha vez puntuados por parte do xurado todos os micro-relato presentados á "2ª edición do Concurso de Micro-relatos OZOCOgz", e efectuada a correspondente media coas puntuacións, temos o pracer de declarar que o MICRO-RELATO GAÑADOR é:

CONCERTO DE MAR, presentado a concurso co seudónimo de CORSARIO DE FERRO por PEDRO RIELO LAMELA.

Moitísimos parabéns ao gañador!!!!


"O bisbar do vento sobre os mastros dos barcos soa como unha arpa que toca un músico sen faciana coñecida. Pero hai algo máis: a escuma que no caer das ondas recita versos dun poeta que só figura nos almanaques da memoria. E non é a única música. Alguén está a tocar o piano decididamente, coma un compositor que perdeu a cabeza por un amor contrariado.Ritmo que voga no bruar azul cobalto, mentres que as medusas namoradas bailan ao rente dunha buguina tecendo esculturas de salitre.Hai un náufrago como solista na orquestra do mar. Melodías acompañadas polas notas dos congros que tocan sen necesidade de…

Cómo mercar

Preme na imaxe para agrandala e segue os pasos.


Rematado o prazo, 36 relatos presentados ao 2° Concurso de Micro-Relatos de OZOCOgz

Unha vez rematado o prazo de presentación de propostas para o 2° Concurso de Micro-Relatos de OZOCOgz, o número final de relatos presentados é de 36, todos dunha moi boa calidade literaria, inda que será ao xuri a quen lle corresponda decidir cal é merecente de gañar o premio.

Os relatos presentados podedes atopalos nesta ligazón ou ben premendo na caixa que figura no menú da esquerda, co nome do concurso.

Lembramos a composición do xurado:


SORTE A TOD@S @S PARTICIPANTES!

O 2º Concurso de Micro-Relatos de OZOCOgz a piques de rematar o prazo!

En escasos días, concretamente o vindeiro mércores día 30 de abril, remata o prazo para poder presentardes as vosas propostas para o 2º Concruso de Micro-Relatos de OZOCOgz.

Ides deixar fuxir a oportunidade de demostrar o que sodes capaces de facer coas palabras da nosa lingua? Veña! Que seguro que vos atopa a inspiración en calquera momento, non deixedes de enviar o voso relato! Agardámolo!



As bases podedes velas aquí.

Un paso adiante e outro adiante, Galiza

A Plataforma Queremos Galego ven de anunciar os actos que co gallo do Día das Letras Galegas van convocar para máis unha vez reivindicar unha situación de normalidade para a nosa lingua.

Baixo o lema Un paso adiante e outro adiante, Galiza, desta volta modifícase o formato de acto, e farase a xeito de mobilización expansiva, realizando mobilizacións ás 12 h do 17 de maio nas sete cidades e en Foz. Os lugares concretos de cada acto serán anunciados na páxina web de Queremos Galego.

Nin que dicir ten que OZOCOgz participará nesta mobilización expansiva, porque para nós o galego é o noso sinal de identidade e pensamos que hai que defendelo dos ataques e poñelo en valor como patrimonio riquísimo de todos os galegos e galegas.

Alí estaremos! Queremos Galego!


Non esquezas que agora temos tenda en liña!

OZOCOgz é unha empresa modestiña na que puxemos as ilusións e que pretendemos que, ademais de vender produtos que xiren ao redor da nosa cultura e lingua, tamén poidamos espallar un chisquiño esa nosa forma de ver o mundo, o xeito galego de vivir.

Para iso, puxemos en marcha un proxecto no que estampamos deseños moi nosos en camisolas ou outros produtos para a venda, e facémosvolos chegar do xeito máis doado posíbel e intentando sempre facilitarvos e facilitarnos as cousas. Agora, un paso máis nese obxectivo é a nosa tenda en liña. Non deixa de ser unha proposta sinxela, paso previo a unha futura tenda virtual xa co noso dominio; poderíamos dicir que é un "proxecto piloto" que nos facilitou algunha ferramenta dixital gratuíta.



Pois ben, eis o resultado, unha tenda virtual na que poderdes mercar algúns dos nosos produtos dun xeito sinxelo e directo. Tendes a ligazón aquí mesmo debaixo, ou ben no menú da vosa esquerda. Botádelle un ollo e xa nos diredes:

http://ozocogz.redtiend…

Seguen chegando propostas para o 2º concurso de mirco-relatos

E xa van 14! Son xa 14 os relatiños presentados ao 2º concurso de OZOCOgz, cada un deles cunha moi boa calidade, polo que o xurado vaino ter complicado á hora de decidir. Na ligazón da vosa esquerda podedes acceder a todos os relatos presentados até agora.

Non esquezades que podedes concursar enviando a vosa proposta antes do 30 de abril mediante mensaxe privada na nosa páxina de Facebook.

Tendes tempo de vos presentar, non perdades a ocasión de demostrar o que sodes quen de facer coas palabras e coa imaxinación. As bases podedes velas aquí. Animádevos, botádelle imaxinación e escribide un relatiño. Podedes gañar un lote de libros e produtos de OZOCOgz.


Un ano e pico de OZOCOgz

Agora, con tenda en liña

OZOCOgz é unha empresa modestiña na que puxemos as ilusións e que pretendemos que, ademais de vender produtos que xiren ao redor da nosa cultura e lingua, tamén poidamos espallar un chisquiño esa nosa forma de ver o mundo, o xeito galego de vivir.

Para iso, puxemos en marcha un proxecto no que estampamos deseños moi nosos en camisolas ou outros produtos para a venda, e facémosvolos chegar do xeito máis doado posíbel e intentando sempre facilitarvos e facilitarnos as cousas. Agora, un paso máis nese obxectivo é a nosa tenda en liña. Non deixa de ser unha proposta sinxela, paso previo a unha futura tenda virtual xa co noso dominio; poderíamos dicir que é un "proxecto piloto" que nos facilitou algunha ferramenta dixital gratuíta.



Pois ben, eis o resultado, unha tenda virtual na que poderdes mercar algúns dos nosos produtos dun xeito sinxelo e directo. Tendes a ligazón aquí mesmo debaixo, ou ben no menú da vosa esquerda. Botádelle un ollo e xa nos diredes:

http://ozocogz.redtiend…

E xa van oito propostas! A qué esperas para participar no 2º Concurso de Micro-Relatos?

Son xa 8 as propostas presentadas ao 2º Concurso de Micro-Relatos de OZOCOgz, 8 propostas realmente interesantes. Lembrade que podedes ver os micro-relatos que se van presentando para o 2º Concurso de Micro-Relatos que puxemos en marcha na páxina de Facebook de OZOCOgz (nesta ligazón o evento do concurso), premendo na ligazón destacada que hai á vosa esquerda, no menú, xusto debaixo da nena de OZOCOgz.

Inda tendes tempo de vos presentar, non perdades a ocasión de demostrar o que sodes quen de facer coas palabras e coa imaxinación. As bases podedes velas aquí. O prazo remata o 30 de abril. Animádevos, botádelle imaxinación e escribide un relatiño. Podedes gañar un lote de libros e produtos de OZOCOgz.

Nova tenda colaboradora en Compostela, a libraría Pedreira únese á rede zoqueira!

Desde hoxe mesmo podedes atopar os produtos de OZOCOgz tamén na Libraría Pedreira de Santiago de Compostela, todo un clásico cando falamos de libros, non só como actividade comercial, senón tamén como estabelecemento promotor de diversidade de actos culturais en torno ao mundo da literatura. E agora tamén cos nosos produtos á venda!



Na Libraría PEDREIRA atoparedes sempre o mellor sorriso e un moi bo asesoramento. Chus e Antón atenderanvos con profesionalidade e o agarimo que a nosa literatura ofrece. Non deixedes de pasarvos e, de paso, aproveitade para mercar un produto de OZOCOgz!


Libraría Pedreira.
Rúa do Home Santo, 55. Compostela.
Telf. 981 585 403
Correo-e: libraria@librariapedreira.com
www.librariapedreira.com

Propostas presentadas para o 2º Concurso de Micro-Relatos de OZOCOgz

Deixámosvos aquí os micro-relatos que se van presentando para o 2º Concurso de Micro-Relatos que puxemos en marcha na páxina de Facebook de OZOCOgz (nesta ligazón o evento do concurso).




RELATO Nº1
A SOEDADE DO GAITEIRO, por Pichucho

- Apareceu tirado ao pé da Cruzo do Golpe coa cabeza fendida, o fol da gaita resgado e catro caramelos toffee ciscados polo chan. Pensouse que o atacaran para roubarlle o seu cativo xornal de músico e, na furia do enfrontamento, mallaran nel cun pau. Mais a realidade fora ben outra. As pescudas xudiciais revelaron que a cabeza fendeuna ao bater coa testa no pedestal do cruceiro. O fol da gaita esgazouno el mesmo, co xenio, tras quedárenlle a deber os da comisión o traballo feito. E os catro toffees? Seica adoitaba levarlle sempre un para a súa muller e os outros tres para cada un dos fillos. Aínda hoxe conserva o seu dona Carme, a carón dun retrato do defunto. E moito caro lle custou á viúva atopar a única fotografía solitaria do marido, sen gaita ningunha p…

Concurso de Micro-Relatos de OZOCOgz: nova edición!!!

Xa está de volta o noso concurso literario! O 2º Concurso de Micro-Relatos de OZOCOgz está en marcha!



O ano pasado celebrouse con grande éxito de participación o 1º Concurso de Micro-Relatos de OZOCOgz, e, en vista do bo resultado, vimos de poñer en marcha a segunda edición deste concurso. Desta volta, a temática é a música e podedes enviar as vosas propostas desde xa até o día 30 de abril deste 2014.

O xuri, como non podía ser menos, é de grande altura:

Tempo hai abondo, agora só tendes que darlle ao maxín e remitirnos as 140 palabras da vosa creatividade!

Velaquí podedes consultar as bases do concurso.


Xa somos unha familia de 1000 seareiros no Facebook!!!

fonte da imaxe: o fogueteiro © Eduardo Teixeira Pinto