OZOCOgz xunto con Miguel Ángel Alonso Diz, autor de "A nena á que non deixaban ser feliz", veñen de iniciar unha colaboración pola cal vos ofertamos unha preciosa camiseta cun deseño "fusión" dos dous proxectos, en talles desde 5/6 até 11/12, en tres cores distintas, serigrafiadas por diante e por trás (premede na imaxe para ampliala). A camiseta venderase conxunta ou separadamente do libro, á vosa escolla, e poderedes mercala a través das canles habituais e nas nosas librarías colaboradoras. O prezo da camiseta só é de 15 euros, mentres que se mercades o pack de camiseta e libro valerá 31 euros, non sendo que a merquedes a través do facebook ou email (ozocogz@gmail.com), xa que o prezo será de 30 euros (máis gastos de envío, en caso de ser necesario) Agardamos que vos guste!
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.