Desde xa! podedes mercar a nova camisola do modelo BUXAINA , da serie " éche o normal " tanto na nosa web, como na páxina de facebook , como nos diversos espazos de venda colaboradores que temos espallados polo país, e que non paran de medrar. Como os demais modelos da serie "éche o normal", o prezo de venda é de 15 euros. O modelo BUXAINA quere facer unha homenaxe ao xeito de xogar tradicional, aos brinquedos e xoguetes de toda a vida, que nunca pasarán de moda, e que tod@s lembramos con cariño. Temos que dicir que as persoas que formamos OZOCOgz xa estamos a practicar cos peóns outra vez, desde nen@s que non xogabamos! Lembrade connosco este divertido enredo e, se vos parece, mercade unha camisola BUXAINA para fachendear con el no peito!
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.