Este ano tamén, estaremos no Festival da Poesía do Condado , na súa XXVII edición, esta sexta feira e sábado, 30 e 31 de agosto, respectivamente. Alí poderedes atopar produtos de OZOCOgz, e poderemos parolar mentres escoitamos algún ou algunha dos artistas que participarán neste Festival , escoitar poesía, botar unha ollada á artesanía exposta... e mercar a camisola do zoco!!! Ademais este ano estaremos acompañadísim@s pola xente da Porta Verde do Sétimo Andar , un colectivo poético-cultural moi activo na promoción da lingua e literatura galegas, cos que compartiremos espazo no Festival, así que co mesmo croio podedes acadar un bo libro e unha camisola zoqueira! Qué vos parece? Pois non deixedes de pasarvos por Salvaterra de Miño esta fin de semana.
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.