Xa sabemos que andades moi pendentes do resultado do concurso de microrrelatos. Non nos esqueceu, non vaiades pensar! Queríamos facelo coincidir cunha data significativa, e qué data máis significativa que o 17 de maio? Así será, o vindeiro 17 de maio, ademais de participar na manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego (a lingua hai que defendela), será o grande día no que anunciaremos a persoa gañadora do concurso. Xa queda menos!
TI NON ES DE AQUÍ? é un xogo de mesa en formato tradicional de taboleiro, tarxetas con preguntas e fichas, no que se pretende poñer a proba os coñecementos que os participantes teñen sobre Galicia, contestando preguntas sobre aspectos diferentes do país, divididas en 5 bloques ou áreas temáticas: lingua, literatura, biografías, premios literarios, Días das Letras, toponimia... prehistoria, os suevos, Prisciliano, idade media, irmandiños, política... monumentos, patrimonio, pintura, escultura, arquitectura, museos, etnografía... música, cinema, televisión, televisión, radio, premios, deporte, festivais... xeografía, festas, pesca, agricultura, industria, gastronomía, fauna, flora... OBXECTIVO DO XOGO Rematar en primeiro lugar o percorrido do taboleiro, un percorrido polo mapa galego, respondendo atinadamente o maior número de cuestións. DESTINATARIOS/AS DO XOGO TI NON ES DE AQUÍ? Está deseñado como xogo de sociedade para persoas cuns coñeceme