Continuando co noso percorrido polas tendas colaboradoras de OZOCOgz, paramos hoxe na cidade herculina, no concorrido barrio da Agra do Orzán, para visitar a LIVRARIA SUÉVIA , pequeno espazo cargado de lecturas amenas e non menos amenas actividades. E mesmo só con entrar nesta especial loxa, xa che agasallan cunha boa e interesante parola. E entre libros, xoguetes en galego, produtos audiovisuais ou preciosas obras de amigurimi, podedes atopar tamén as camisolas de OZOCOgz. A Livraria Suévia especialízase en libro galego e portugués, e mesmo recollen encargas de libros que resultan difíciles de atopar. E case todas as semanas organizan algunha actividade cultural, polo que pasarse pola Livraria Suévia pode ser toda unha aventura. Xa sabedes, se estades na Coruña ou pasades por alí, non dubidedes e facer unha visita a este punto neurálxico da literatura e a cultura de noso, na rúa Vila de Negreira, nº 32. Non vos habedes arrepentir. Tamén podedes contactar por e-mail (livro
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.