Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: Abril, 2013

5 de maio. Día da Nai

Prazo rematado! 37 relatos a concurso!

Estes son os 37 relatos presentados para o noso concurso. Agora o xurado está deliberando... RELATO Nº1 A GRÚA , por Néboa - A grúa volviu fallar – dixo o encargado. Non había día que non fallara. - Eu xa lle dixen... – comezou o encargado. El xa lle dixera que non era o sitio, fora un erro ampliar o peirao. - Non comeces... – desesperaba o director. Pero tiña que comezar, era o niño da serea, a ela non lle gustaban os barcos grandes aburridos; a ela gustábanlle os barquiños de cores cargados de homes fortes. Polas noites boicoteaba a grúa, non era de traballar pero o xenio podíalle. - Vai haber que quitala – dicía o encargado. - ¡É que non podo con el! – desesperaba o director. Non podía pero as perdas acumulábanse e os socios pedían explicacións. Quitouna, claro que a quitou, cambiouna pola escultura dun mariñeiro guapo. - É que é moi esixente – dicía o encargado. RELATO Nº2 A FADA DO PENEDO , por Miñata Libre Saio cada mañanciña para verte pasar. Sentada no meu pen