Saltar ao contido principal

Dúas novas tendas colaboradoras!

A familia zoqueira vai medrando! Desde xa, podedes mercar camisolas de OZOCOgz en dous novos establecementos, en dúas novas vilas.



En Lalín, na comarca do Deza, poderedes atopar as nosas camisolas na tenda Mestizaxe, unha tenda de moda e complementos alternativa. Tamén traballan con tattoos, piercings e rastas.
Teñen un horario moi amplo: de luns a venres, de 10.30h a 13.30h e de 17h a 21h; os sábados abren de 10.30h a 14h. 
Está centricamente situada na vila do cocido, na rúa da Igrexa, número 5.




E para a zona de Tabeirós-Terra de Montes tamén temos unha nova tenda onde poderedes atopar os nosos produtos. Na Estrada, a tenda de tecidos Nobelo a Nobelo, agarimosa e acolledora, onde, ademais das nosas camisolas, poderedes atopar todo tipo de complementos e útiles para traballos de costura e confección. Cousas bonitas! Tamén vos axudarán con estas labores se queredes gozar facendo as vosas propias creacións.
A mercería está situada no corazón mesmo da Estrada, na rúa Calvo Sotelo, 38.

-----

Xa non hai escusas! Pasádevos polas nosas tendas colaboradoras e botade un ollo!
Esta é a nosa rede actual, e seguimos ampliando:


Publicacións populares deste blog

TI NON ES DE AQUÍ? - Un xogo de mesa cultural - educativo, a nova aposta de OZOCOgz papelaría

BOAS FESTAS!

BELÉN, ANO CERO
Xuntéi o vento frío coa auga-neve,
xuntéi a noite negra coa xiada,
e vin un neno espido nun pesebre.
Qué misterio máis fondo, qué aventura:
O neno non quería
gozar de outros irmáus, nin de outra axuda.
Por algo estaba alí, por algo estaba
tan lonxe da riqueza gasalleira,
tan perto da probeza desolada.
Por algo os pastoriños se achegaron.
E si o vento pasou tan paseniño
cantando soavemente, foi por algo.
Por algo era María unha artesán,
cando podía sere si quixera,
primeira dama, esposa principal.
Por algo era Xosé un carpinteiro
de fortes, rexas máus encallecidas
na garlopa, na trencha e no martelo.
Xuntéi tódolos orfos nun só berce,
xuntéi as inxusticias cos aldraxes
e púxenos de ofrenda nun pesebre.
¿Quén foi o que roubou o meu presente?
-Celso E. Ferreiro-

7ª edición -en feminino- do concurso de micro-relatos OZOCOgz

Xa está en marcha a 7ª edición do noso concurso de micro-relatos. 
Para ires recibindo información puntual do concurso podes seguilo dende o evento creado en facebook:

https://www.facebook.com/events/535003687021466/

Este ano o xurado de honra está formado por:

Ana Cabaleiro


Cruz Martínez



Tamara Andrés



e Lucía Rodríguez, gañadora da anterior edición do concurso  

Colaboran:
Aparthotel Arenteiro co obsequio do 1º premio


A Deputación de Ourense co obsequio do lote de libros
e as librarías que completan o xurado do concurso:

Escolma, do Carballiño
Miranda, de Bueu

Andel, de Vigo