Non esquezades que inda podedes enviar os vosos microrrelatos para o noso concurso, o prazo remata o 25 de abril, polo que inda podedes darlle unha volta, agardar a inspiración e facernos chegar, como xa o fixeron estas 33 persoas, as vosas propostas. Podedes ver as bases aquí . RELATO Nº1 A GRÚA , por Néboa - A grúa volviu fallar – dixo o encargado. Non había día que non fallara. - Eu xa lle dixen... – comezou o encargado. El xa lle dixera que non era o sitio, fora un erro ampliar o peirao. - Non comeces... – desesperaba o director. Pero tiña que comezar, era o niño da serea, a ela non lle gustaban os barcos grandes aburridos; a ela gustábanlle os barquiños de cores cargados de homes fortes. Polas noites boicoteaba a grúa, non era de traballar pero o xenio podíalle. - Vai haber que quitala – dicía o encargado. - ¡É que non podo con el! – desesperaba o director. Non podía pero as perdas acumulábanse e os socios pedían explicacións. Quitouna, claro que a quitou, ca
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.