Saltar ao contido principal

OZOCOgz e Rosalía de Castro


O vindeiro domingo 24 de febreiro celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro. En OZOCOgz sumámonos á celebración do único xeito que sabemos, cun deseño da nosa colleita.


Este ano, ademais, cobra maior relevancia ao celebrarse tamén o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos, publicación que supuxo algo tan importante como foi o rexurdir da nosa literatura após os séculos escuros.


***

E falando de literatura e de letras galegas, non esquezades que segue en marcha o noso concurso de microrrelatos. Ata o 25 de abril tendes tempo de darlle ao novelo e engadir unha fermosa peza ás moitas que ten dado a nosa escrita, e ademais ter a oportunidade de gañar un lote de libros d@s nos@s autor@s e produtos de OZOCOgz. Botade un ollo aos microrrelatos que foron chegando ata o de agora, podedes velos, xunto coas bases do concurso, premendo aquí.  Buscamos novas Rosalías!

 

Publicacións populares deste blog

TI NON ES DE AQUÍ? - Un xogo de mesa cultural - educativo, a nova aposta de OZOCOgz papelaría

TI NON ES DE AQUÍ? é un xogo de mesa en formato tradicional de taboleiro, tarxetas con preguntas e fichas, no que se pretende poñer a proba os coñecementos que os participantes teñen sobre Galicia, contestando preguntas sobre aspectos diferentes do país, divididas en 5 bloques ou áreas temáticas: lingua, literatura, biografías, premios literarios, Días das Letras, toponimia... prehistoria, os suevos, Prisciliano, idade media, irmandiños, política... monumentos, patrimonio, pintura, escultura, arquitectura, museos, etnografía...   música, cinema, televisión, televisión, radio, premios, deporte, festivais... xeografía, festas, pesca, agricultura, industria, gastronomía, fauna, flora... OBXECTIVO DO XOGO Rematar en primeiro lugar o percorrido do taboleiro, un percorrido polo mapa galego,   respondendo atinadamente o maior número de cuestións. DESTINATARIOS/AS DO XOGO TI NON ES DE AQUÍ? Está deseñado como xogo de sociedade para persoas cuns coñeceme

Celebramos o 1º aniversario da nosa tenda física. Esperámoste!

 

TI NON ES DE AQUÍ? Xúnior, continúa a saga!

Acaba de nacer a versión infantil do TI NON ES DE AQUÍ? , o TI NON ES DE AQUÍ ? edición Xúnior , un xogo amplamente demandado, sobre todo entre o sector do ensino, no que -debemos subliñalo e agradecelo- a versión para adultos do xogo tivo e segue a ter unha acollida fantástica. Vexamos con detemento en que consiste a versión para crianzas: Ti non es de aquí? edición Xúnior é un xogo de mesa no que os e as participantes deben demostrar os coñecementos que teñen sobre Galicia/Galiza e sobre outros temas de cultura xeral, contestando as cuestións que van xurdindo no xogo, divididas en 4 bloques ou áreas temáticas: 1. lingua; 2. ciencias, xeografía, recursos; 3. historia, patrimonio, tradicións, persoeiros, e 4. cultura xeral, actualidade. As tres primeiras categorías son específicas sobre o noso País. O xogo combina as preguntas con mini-retos que van poñer a proba as e os participantes en habilidades coma o debuxo ou a mímica, por exemplo. CONTIDO A c