O vindeiro domingo 24 de febreiro celebramos o aniversario do nacemento de Rosalía de Castro . En OZOCOgz sumámonos á celebración do único xeito que sabemos, cun deseño da nosa colleita. Este ano, ademais, cobra maior relevancia ao celebrarse tamén o 150 aniversario da publicación de Cantares Gallegos , publicación que supuxo algo tan importante como foi o rexurdir da nosa literatura após os séculos escuros. *** E falando de literatura e de letras galegas, non esquezades que segue en marcha o noso concurso de microrrelatos . Ata o 25 de abril tendes tempo de darlle ao novelo e engadir unha fermosa peza ás moitas que ten dado a nosa escrita, e ademais ter a oportunidade de gañar un lote de libros d@s nos@s autor@s e produtos de OZOCOgz. Botade un ollo aos microrrelatos que foron chegando ata o de agora, podedes velos, xunto coas bases do concurso, premendo aquí . Buscamos novas Rosalías!
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.