Deixámosvos aquí os microrrelatos presentados ata o de agora para o concurso que andamos argallando na páxina de Facebook de OZOCOgz. Inda estades a tempo de vos presentar, non perdades a ocasión de demostrar o que sodes quen de facer coas palabras e coa imaxinación. As bases podedes velas aquí . Tendes tempo, o prazo remata o 25 de abril. Animádevos, botádelle imaxinación e escribide un relatiño. Podedes gañar un lote de libros e produtos de OZOCOgz. RELATO Nº1 A GRÚA , por Néboa - A grúa volviu fallar – dixo o encargado. Non había día que non fallara. - Eu xa lle dixen... – comezou o encargado. El xa lle dixera que non era o sitio, fora un erro ampliar o peirao. - Non comeces... – desesperaba o director. Pero tiña que comezar, era o niño da serea, a ela non lle gustaban os barcos grandes aburridos; a ela gustábanlle os barquiños de cores cargados de homes fortes. Polas noites boicoteaba a grúa, non era de traballar pero o xenio podíalle. - Vai haber que quitala – d
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.