Saltar ao contido principal

Publicacións

Mostrando publicacións desta data: 2013

A nena de OZOCOgz e "A nena á que non deixaban ser feliz" xuntas nunha promoción especial

OZOCOgz xunto con Miguel Ángel Alonso Diz, autor de "A nena á que non deixaban ser feliz", veñen de iniciar unha colaboración pola cal vos ofertamos unha preciosa camiseta cun deseño "fusión" dos dous proxectos, en talles desde 5/6 até 11/12, en tres cores distintas, serigrafiadas por diante e por trás (premede na imaxe para ampliala).





A camiseta venderase conxunta ou separadamente do libro, á vosa escolla, e poderedes mercala a través das canles habituais e nas nosas librarías colaboradoras. O prezo da camiseta só é de 15 euros, mentres que se mercades o pack de camiseta e libro valerá 31 euros, non sendo que a merquedes a través do facebook ou email (ozocogz@gmail.com), xa que o prezo será de 30 euros (máis gastos de envío, en caso de ser necesario)

Agardamos que vos guste!





Merca no comercio local, apoia a nosa economía.

OZOCOgz no Culturgal!

Un ano máis achégase o Culturgal e a xente de OZOCOgz collemos os cheles e para alá que imos!


Os vindeiros días 29 e 30 de novembro, e 1 de decembro, no Pazo da Cultura de Pontevedra o Culturgal, a feira da cultura galega, recíbenos e agárdanos cunha chea de sorpresas, emocións e actividades. Non deixedes de pasar e visitar o stand de OZOCOgz.

Ademais, para todas aquelas persoas que vos acheguedes polo noso posto no Culturgal e que nos digades que sodes seguidores/as nosos nas redes sociais, un pequeno agasallo estaravos agardando.

Anotade na axenda! 29 e 30 de novembro, e 1 de decembro, Culturgal!


OZOCOgz contra a violencia de xénero!

Camisola da Buxaina á venda!

Desde xa! podedes mercar a nova camisola do modelo BUXAINA, da serie "éche o normal" tanto na nosa web, como na páxina de facebook, como nos diversos espazos de venda colaboradores que temos espallados polo país, e que non paran de medrar. Como os demais modelos da serie "éche o normal", o prezo de venda é de 15 euros.

O modelo BUXAINA quere facer unha homenaxe ao xeito de xogar tradicional, aos brinquedos e xoguetes de toda a vida, que nunca pasarán de moda, e que tod@s lembramos con cariño. Temos que dicir que as persoas que formamos OZOCOgz xa estamos a practicar cos peóns outra vez, desde nen@s que non xogabamos!

Lembrade connosco este divertido enredo e, se vos parece, mercade unha camisola BUXAINA para fachendear con el no peito!



Estamos de aniversario!

Hoxe hai un ano botaba a andar formalmente esta aventura que é OZOCOgz. Unha empresa pequena, feita desde a ilusión e as ganas de alegrar o mundo desde unha perspectiva galega, moi galega.
Desde entón coñecimos moita xente, vendimos camisolas, sacamos novos deseños, organizamos pequenos concursos e eventos culturais... moi gratificante todo, si. Só por iso xa pagou a pena chegar até aquí. Mais queremos seguir!

Moitísimas grazas a todas as persoas que fixeron posíbel este aniversario, de entrada agradecémonos mutuamente as persoas que formamos OZOCOgz aquela primeira proba e o que veu despois, mais tamén queremos agradecer ás tendas colaboradoras que se animaran a facer este camiño connosco. A súa axuda e o seu ánimo é fundamental tamén para esta empresa.

Finalmente, queremos mandarlle un GRAZAS enorme a todas as persoas que nos teñen apoiado, suxerindo novas ideas, visitando a páxina web ou os perfís das redes sociais, interaccionando connosco nas festas e eventos onde participamos e…

Libraría Andel: nova tenda colaboradora de OZOCOgz

Unha nova tenda, agora en Vigo, ven de sumarse á comunidade zoqueira. A Libraría Andel dispón xa entre a súa oferta dos produtos de OZOCOgz. Ademais das súas boas suxestións de libro galego e portugués, agora tamén camisolas zoqueiras!

A tenda zoqueira en Vigo está situada na Avenida das Camelias, nº 102.


Un grande espazo para a cultura galega, unha libraría de ampla experiencia en libro galego e portugés, e agora un punto de venda das nosas camisolas. Se es de Vigo ou arredores xa tés un punto próximo onde mercares produtos de OZOCOgz, e, de paso, deixarte aconsellar e levar un bo libro para a casa.

Extra! Extra! O novo deseño de OZOCOgz xa está aquí!

Aquí está, este rato preséntanos moi ledo o que é o novo deseño das camisolas de OZOCOgz, proximamente á venda a través da web, do facebook e nas tendas colaboradoras habituais.
Polo San Martiño... peóns ao camiño!!!
O modelo BUXAINA da nosa colección "Éche o normal", porque normal é, ou debería ser, xogar tamén aos xogos ou enredos tradicionais.



Outra tenda que se une á comunidade zoqueira: Pulgarín en Padrón.

Unha nova tenda, desta volta en Padrón, ven de sumarse á comunidade zoqueira. Este comercio onde se poden atopar todo tipo de obxectos para nen@s, desde brinquedos e xoguetes, agasallos, complementos, roupa... conta desde xa coas camisolas para nen@s de OZOCOgz.


Pulgarín atópase en pleno casco histórico de Padrón, no número 38 da Rúa Longa, moi pertiño do mercado dominical, polo que ademais conta con amplo horario de vendas, que inclúen a apertura en domingo. Bea, a dona do comercio, atenderavos sempre cun sorriso e con toda a súa amabilidade, poderedes mercar desde un crebacabezas ata unha mochila co personaxe favorito da vosa crianza, e a partir de agora tamén unha das nosas camisolas zoqueiras, as do Matraquinho para pícar@s!


Pulgarín, en Padrón, Rúa Longa, nº 38. Telf. 687 683 238. Non deixedes de pasar!!!

Nova tenda zoqueira: Vide, Vide!

Desde hoxe mesmo podedes atopar as nosas camisolas no Espazo Enocultural Vide, Vide! en Santiago de Compostela. Trátase dun estabelecemento cuxo eixo principal é o viño galego, en todas as súas variedades e denominacións de orixe, mais non só. A oferta deste agradábel tenda inclúe delicias gourmet, produtos relacionados coa viticultura, libros e tamén oferta cultural. Ademais diso, programan frecuentemente diversas actividades como catas, cursos ou exposicións. E desde hoxe, podedes atopar alí as camisolas de OZOCOgz!!!

Non dubidedes en achegarvos por Vide, Vide! Aprenderedes moito sobre os nosos viños, sobre o xeito de facelos, poderedes degustar, preguntar e observar. E se tendes dúbidas, podedes comentalas con Xosé ou Martiño, que volas aclararán gustosos.


Vide, Vide! Espazo Enocultural atópase no número 10 da Rúa Fonte de Santo Antonio de Santiago de Compostela, moi pertiño da porta de Mazarelos. Tamén podedes contactar con eles neste número de teléfono:  981 58 29 11 ou ben no en…

Novidades zoqueiras!

Atención, está a piques de sair do forno un novo modelo de camisolas zoqueiras. Que con qué deseño? O misterio será desvelado en breve. Seguide atent@s ás informacións puntuais... Polo momento, aí vai unha pistiña:


OZOCOgz no Festival da Poesía do Condado!

Este ano tamén, estaremos no Festival da Poesía do Condado, na súa XXVII edición, esta sexta feira e sábado, 30 e 31 de agosto, respectivamente. Alí poderedes atopar produtos de OZOCOgz, e poderemos parolar mentres escoitamos algún ou algunha dos artistas que participarán neste Festival, escoitar poesía, botar unha ollada á artesanía exposta... e mercar a camisola do zoco!!!

Ademais este ano estaremos acompañadísim@s pola xente da Porta Verde do Sétimo Andar, un colectivo poético-cultural moi activo na promoción da lingua e literatura galegas, cos que compartiremos espazo no Festival, así que co mesmo croio podedes acadar un bo libro e unha camisola zoqueira! Qué vos parece? Pois non deixedes de pasarvos por Salvaterra de Miño esta fin de semana.


Unha nova tenda zoqueira! Desta volta en Arteixo!

A Libraría Á Lus do Candil, de Arteixo, ven de sumarse ao elenco de tendas zoqueiras. Desde xa podedes atopar os nosos produtos neste feliz establecemento, cargado de libros e eventos culturais e onde sempre vos recibiran cun sorriso ben grande.

A Libraría Á Lus do Candil atópase na Rúa Historiador Vedía, no baixo do número 3 desta rúa de Arteixo. Non dubidedes en pasarvos para botar un ollo ás novidades e á chea de libros que podedes atopar na casa de Modesto e Alba. E se vos parece, mercade algunha camisola zoqueira!


OZOCOgz no Novo Cruceiro Rock!

Esta sexta feira día 9 de agosto terá lugar unha nova edición do Novo Cruceiro Rock, en Vila de Cruces. Un programa variado e entretido: obradoiro de circo desde as 18 h, pasacalles pola vila, e un concertazo cos grupos Desequilibrio Mental, Avante, Medomedá e Jonh Deeres.

Alí estaremos tamén OZOCOgz cun pequeno stand onde vos ofertaremos os nosos produtos, poderedes coñecelos, e, de vos conveceren, mercar o que vos apeteza. Non dubidedes en pasarvos inda que só sexa a nos saudar!


OZOCOgz en Pardiñas 2013!

OZOCOgz en Guitiriz! Esta fin de semana, concretamente o sábado 3 e o domingo 4 de agosto estaremos no Festival de Pardiñas 2013. Non perdades a ocasión de mercardes as camisolas de moda!!!

Triste Día da Patria

OZOCOgz quere facer chegar as máis sinceras condolencias ás familias das persoas falecidas no accidente ferroviario de Angrois, e deséxalle a tod@s @s feridos un pronto restablecemento.
Triste Día da Patria o de hoxe...


Nova tenda colaboradora de OZOCOgz!!!

A área de vendas de OZOCOgz esténdese! Temos unha nova tenda, desta volta no Morrazo, na vila de Bueu. Trátase da libraría Miranda, onde atoparedes unha xente dinámica e con ganas de traballar a prol da cultura do País. Qué máis se pode pedir?
A libraría Miranda está na rúa Pazos Fontenla 35 desta bonita vila mariñeira. Xa podedes reservar alí as camisolas de moda deste verán!




Despois desta nova incorporación ao noso catálogo de tendas, e tralo peche por causa da crise da tenda colaboradora de Lalín (Mestizaxe, a cuxos propietarios lles agradecemos a súa colaboración, e desexamos moita sorte nos proxectos futuros), este é o mapa actual das tendas colaboradoras de OZOCOgz:




Entrega do premio do concurso de mircorrelatos de OZOCOgz, estades convidad@s!!!

Amigas zoqueiras e amigos zoqueiros:

O vindeiro domingo 23 de xuño imos facer entrega do seu merecido premio ao gañador do noso 1º concurso de microrelatos OZOCOgz. O acto de entrega terá lugar no local da Fundación Vicente Risco, en Allariz, ás 12h do domingo 23. Ficades tod@s convidad@s!

As nosas tendas colaboradoras: Livraria Suévia

Continuando co noso percorrido polas tendas colaboradoras de OZOCOgz, paramos hoxe na cidade herculina, no concorrido barrio da Agra do Orzán, para visitar a LIVRARIA SUÉVIA, pequeno espazo cargado de lecturas amenas e non menos amenas actividades. E mesmo só con entrar nesta especial loxa, xa che agasallan cunha boa e interesante parola.


E entre libros, xoguetes en galego, produtos audiovisuais ou preciosas obras de amigurimi, podedes atopar tamén as camisolas de OZOCOgz. A Livraria Suévia especialízase en libro galego e portugués, e mesmo recollen encargas de libros que resultan difíciles de atopar. E case todas as semanas organizan algunha actividade cultural, polo que pasarse pola Livraria Suévia pode ser toda unha aventura.



Xa sabedes, se estades na Coruña ou pasades por alí, non dubidedes e facer unha visita a este punto neurálxico da literatura e a cultura de noso, na rúa Vila de Negreira, nº 32. Non vos habedes arrepentir.

Tamén podedes contactar por e-mail (livros.gz@gmail.co…

As nosas tendas colaboradoras: De Cotío

Vai chegando moi lentamente o bo tempo, mais pouco a pouco imos sentindo as raioliñas do sol que nos prepara para vivir novas aventuras. E hai que poñerse guap@s!

Imos facer un repaso polas nosas tendas colaboradoras, onde podedes atopar os nosos produtos.

Comezamos por De Cotío, unha tenda con encanto, situada no centro histórico de Santiago de Compostela. Neste establecemento poderedes atopar fermosas pezas de roupa, artesanía, abalorios, cerámica, música... Todo con moito aquel e coa esmerada atención do persoal de De Cotío.



Non dubidedes en pasar por De Cotío, na Rúa Xelmírez, 26, baixo, de Santiago de Compostela. Tamén vos podedes poñer en contacto a través do mail (decotio@gmail.com) ou por teléfono (981 560 796). En calquera caso atenderanvos con agarimo.



E non esquezades que en De Cotío podedes atopar as nosas camisolas, como ben se aprecia no trinque da tenda!


* DE COTÍO. Rúa Xelmírez, 26, baixo
email: decotio@gmail.com/ Tfno: 981 560 796

I CONCURSO DE MICRORRELATOS: VELAQUÍ O GAÑADOR!

Aquí está! Desvelado o misterio! O texto gañador do noso I Concurso de Microrrelatos! Parabéns!


*---*---*


O TRASNO DO DESERTO, por O Ferreiro


Dende que meu avó falou comigo, teño medo. Moito medo.

Existe, segundo o meu avó, un trasno que ten os ollos da cor do trigo e a pel seca do deserto. Longas cellas e uns brazos que se perden no firmamento.

Fala nunha lingua sen música que agroma dos seus feiticeiros beizos, e di el que aquel que a escoita perde o latexo do mar, dos montes e do ceo.

Di que polas noites murmúralle aos pais cousas estrañas, tamén a algúns nenos. E é por isto que na nosa terra o galego está desaparecendo.

O meu avó dime isto e faino moi serio.  Mais os meus pais din que son “tonterías, fruto de la mente de un viejo”.

Meu avó olla para eles en silencio.

E dende aquela cústame durmir, e teño medo, moito medo.


*--*--*

A persoa gañadora, correspondente ao alcume O Ferreiro, é: Miguel Ángel Alonso Diz. PARABÉNS!

A escolla foi ben dura. Non foi doado decidir. Podemos asegurar que a…

Concurso de Microrrelatos: en breve a persoa gañadora (e manifestación pola lingua)

Xa sabemos que andades moi pendentes do resultado do concurso de microrrelatos. Non nos esqueceu, non vaiades pensar! Queríamos facelo coincidir cunha data significativa, e qué data máis significativa que o 17 de maio? Así será, o vindeiro 17 de maio, ademais de participar na manifestación convocada pola Plataforma Queremos Galego (a lingua hai que defendela), será o grande día no que anunciaremos a persoa gañadora do concurso. Xa queda menos!


5 de maio. Día da Nai

Prazo rematado! 37 relatos a concurso!

Estes son os 37 relatos presentados para o noso concurso. Agora o xurado está deliberando...


RELATO Nº1
A GRÚA, por Néboa

- A grúa volviu fallar – dixo o encargado.
Non había día que non fallara.
- Eu xa lle dixen... – comezou o encargado.
El xa lle dixera que non era o sitio, fora un erro ampliar o peirao.
- Non comeces... – desesperaba o director.
Pero tiña que comezar, era o niño da serea, a ela non lle gustaban os barcos grandes aburridos; a ela gustábanlle os barquiños de cores cargados de homes fortes. Polas noites boicoteaba a grúa, non era de traballar pero o xenio podíalle.
- Vai haber que quitala – dicía o encargado.
- ¡É que non podo con el! – desesperaba o director.
Non podía pero as perdas acumulábanse e os socios pedían explicacións. Quitouna, claro que a quitou, cambiouna pola escultura dun mariñeiro guapo.
- É que é moi esixente – dicía o encargado.

RELATO Nº2
A FADA DO PENEDO, por Miñata Libre

Saio cada mañanciña para verte pasar. Sentada no meu penedo, mentres peiteo os cabelos dou…

Seguen chegando relatos para o noso concurso. O prazo remata o 25 de abril.

Non esquezades que inda podedes enviar os vosos microrrelatos para o noso concurso, o prazo remata o 25 de abril, polo que inda podedes darlle unha volta, agardar a inspiración e facernos chegar, como xa o fixeron estas 33 persoas, as vosas propostas.

Podedes ver as bases aquí.





RELATO Nº1
A GRÚA, por Néboa

- A grúa volviu fallar – dixo o encargado.
Non había día que non fallara.
- Eu xa lle dixen... – comezou o encargado.
El xa lle dixera que non era o sitio, fora un erro ampliar o peirao.
- Non comeces... – desesperaba o director.
Pero tiña que comezar, era o niño da serea, a ela non lle gustaban os barcos grandes aburridos; a ela gustábanlle os barquiños de cores cargados de homes fortes. Polas noites boicoteaba a grúa, non era de traballar pero o xenio podíalle.
- Vai haber que quitala – dicía o encargado.
- ¡É que non podo con el! – desesperaba o director.
Non podía pero as perdas acumulábanse e os socios pedían explicacións. Quitouna, claro que a quitou, cambiouna pola escultura dun mariñei…