Saltar ao contido principal

Unha nova tenda colaboradora de OZOCOgz, desta volta en Compostela!


Seguimos ampliando a nosa rede de tendas colaboradoras, intentando achegar os nosos produtos a onde ti te atopas. Desta volta será en Compostela, en plena cidade histórica, onde poderedes atopar camisolas de OZOCOgz nunha tenda con moitísimo encanto. Trátase da tenda De Cotío, onde venden diversidade de produtos de artesanía, pezas de roupa tradicional, agasallos orixinais e divertidos, música, libros e moito máis. E agora tamén os nosos produtos!

Podedes visitar a súa web e a páxina de Facebook de De Cotío, pero se queredes perdervos entre a súa ampla oferta e atopar aquelo que buscades teredes que visitar o seu local, que se atopa na compostelá rúa Xelmírez, no baixo do número 26. O seu telf: 981 560 796

Buscade os nosos produtos en De Cotío!




Publicacións populares deste blog

TI NON ES DE AQUÍ? - Un xogo de mesa cultural - educativo, a nova aposta de OZOCOgz papelaría

BOAS FESTAS!

BELÉN, ANO CERO
Xuntéi o vento frío coa auga-neve,
xuntéi a noite negra coa xiada,
e vin un neno espido nun pesebre.
Qué misterio máis fondo, qué aventura:
O neno non quería
gozar de outros irmáus, nin de outra axuda.
Por algo estaba alí, por algo estaba
tan lonxe da riqueza gasalleira,
tan perto da probeza desolada.
Por algo os pastoriños se achegaron.
E si o vento pasou tan paseniño
cantando soavemente, foi por algo.
Por algo era María unha artesán,
cando podía sere si quixera,
primeira dama, esposa principal.
Por algo era Xosé un carpinteiro
de fortes, rexas máus encallecidas
na garlopa, na trencha e no martelo.
Xuntéi tódolos orfos nun só berce,
xuntéi as inxusticias cos aldraxes
e púxenos de ofrenda nun pesebre.
¿Quén foi o que roubou o meu presente?
-Celso E. Ferreiro-

7ª edición -en feminino- do concurso de micro-relatos OZOCOgz

Xa está en marcha a 7ª edición do noso concurso de micro-relatos. 
Para ires recibindo información puntual do concurso podes seguilo dende o evento creado en facebook:

https://www.facebook.com/events/535003687021466/

Este ano o xurado de honra está formado por:

Ana Cabaleiro


Cruz Martínez



Tamara Andrés



e Lucía Rodríguez, gañadora da anterior edición do concurso  

Colaboran:
Aparthotel Arenteiro co obsequio do 1º premio


A Deputación de Ourense co obsequio do lote de libros
e as librarías que completan o xurado do concurso:

Escolma, do Carballiño
Miranda, de Bueu

Andel, de Vigo