Saltar ao contido principal

Qué é OZOCOgz?

OZOCOgz quer ofrecer un deseño orixinal e diferente. De onde xorde a idea? OZOCOgz nace após unha primeira experiencia na que o sinxelo afán de sacar uns cartiños extra, nos levou a deseñar a nosa primeira camisola para vendela entre amizades e familiares. O éxito foi tal que deu lugar, non só a pensar en montar unha tenda senón, a crear a nosa primeira liña de produtos baixo o lema "Éche o normal".

Ao tempo que xorde a idea da tenda, xorde o nome da empresa baseado tamén nese primeiro deseño cun zoco, tamanca, chanca, galocho ou como lle chamen na túa zona. Por iso OZOCOgz pretende ser un nome que abranga a identidade galega da empresa máis o espírito comercial da actividade aténdonos ao significado que a palabra zoco ten no mundo árabe.



OZOCOgz quer ser sinónimo de calidade e para iso, á par das características do noso deseño, ofertámosche tamén a nosa seriedade garantindo o cambio do produto no caso de deterioro en orixe ou a devolución do mesmo no caso de non ficares satisfeito/a, sempre e cando non exceda de 15 días dende a saída do material do noso almacén. Todos os produtos son revisados e manipulados por OZOCOgz dende que chega un pedido até o momento no que facemos entrega á empresa transportista.


Bota unha ollada ás nosas suxestións e, de che gustaren e apeteceren, non dubides en facer o teu pedido.

Publicacións populares deste blog

TI NON ES DE AQUÍ? - Un xogo de mesa cultural - educativo, a nova aposta de OZOCOgz papelaría

7ª edición -en feminino- do concurso de micro-relatos OZOCOgz

Xa está en marcha a 7ª edición do noso concurso de micro-relatos. 
Para ires recibindo información puntual do concurso podes seguilo dende o evento creado en facebook:

https://www.facebook.com/events/535003687021466/

Este ano o xurado de honra está formado por:

Ana Cabaleiro


Cruz Martínez



Tamara Andrés



e Lucía Rodríguez, gañadora da anterior edición do concurso  

Colaboran:
Aparthotel Arenteiro co obsequio do 1º premio


A Deputación de Ourense co obsequio do lote de libros
e as librarías que completan o xurado do concurso:

Escolma, do Carballiño
Miranda, de Bueu

Andel, de Vigo


Oferta ozoqueira do TI NON ES DE AQUÍ? para os Centros de Ensino

OZOCOgz deseño galego, unha empresa galega 100%, na que apostamos con firmeza pola difusión da nosa cultura e da nosa lingua. O ano que rematou sacamos á venda a nosa nova liña de traballo co xogo de mesa cultural - educativo, TI NON ES DE AQUÍ?, xogo ao que moitos medios de comunicación deron en chamar "o trivial galego". Temos que recoñecer que a acollida foi moi boa, por eses medios de comunicación e, o que é máis importante, polo público en xeral, acadando na CULTURGAL 2018 un número de vendas importantísimo. As librarías do país tamén se fixeron eco, sendo tamén neste caso, un dos agasallos máis escollidos o Nadal pasado. 
Nas seguintes ligazóns pódese ver a acollida por parte de algúns deses medios de comunicación: 
- La Voz de Galicia - Sermos Galiza  - Diario de Pontevedra - TVG

Se conseguimos interesarte/-vos no noso xogo, temos unha oferta especial para o teu Centro de Ensino. 
Por tan só 29,90 €máis os custes de envío (o PVP na nosa tenda en liña ou en calquera das lib…