Seguimos ampliando a nosa rede de tendas colaboradoras, intentando achegar os nosos produtos a onde ti te atopas. Desta volta será en Compostela, en plena cidade histórica, onde poderedes atopar camisolas de OZOCOgz nunha tenda con moitísimo encanto. Trátase da tenda De Cotío , onde venden diversidade de produtos de artesanía, pezas de roupa tradicional, agasallos orixinais e divertidos, música, libros e moito máis. E agora tamén os nosos produtos! Podedes visitar a súa web e a páxina de Facebook de De Cotío , pero se queredes perdervos entre a súa ampla oferta e atopar aquelo que buscades teredes que visitar o seu local, que se atopa na compostelá rúa Xelmírez, no baixo do número 26. O seu telf: 981 560 796 Buscade os nosos produtos en De Cotío!
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.