Saltar ao contido principal

OZOCOgz

OZOCOgz quer ofrecer un deseño orixinal e diferente. De onde xorde a idea? OZOCOgz nace após unha primeira experiencia na que o sinxelo afán de sacar uns cartiños extra, nos levou a deseñar a nosa primeira camisola para vendela entre amizades e familiares. O éxito foi tal que deu lugar, non só a pensar en montar unha tenda senón, a crear a nosa primeira liña de produtos baixo o lema "Éche o normal".

Ao tempo que xorde a idea da tenda, xorde o nome da empresa baseado tamén nese primeiro deseño cun zoco, tamanca, chanca, galocho ou como lle chamen na túa zona. Por iso OZOCOgz pretende ser un nome que abranga a identidade galega da empresa máis o espírito comercial da actividade aténdonos ao significado que a palabra zoco ten no mundo árabe.



OZOCOgz quer ser sinónimo de calidade e para iso, á par das características do noso deseño, ofertámosche tamén a nosa seriedade garantindo o cambio do produto no caso de deterioro en orixe ou a devolución do mesmo no caso de non ficares satisfeito/a, sempre e cando non exceda de 15 días dende a saída do material do noso almacén. Todos os produtos son revisados e manipulados por OZOCOgz dende que chega un pedido até o momento no que facemos entrega á empresa transportista.


Bota unha ollada ás nosas suxestións e, de che gustaren e apeteceren, non dubides en facer o teu pedido.

Publicacións populares deste blog

TI NON ES DE AQUÍ? - Un xogo de mesa cultural - educativo, a nova aposta de OZOCOgz papelaría

TI NON ES DE AQUÍ? é un xogo de mesa en formato tradicional de taboleiro, tarxetas con preguntas e fichas, no que se pretende poñer a proba os coñecementos que os participantes teñen sobre Galicia, contestando preguntas sobre aspectos diferentes do país, divididas en 5 bloques ou áreas temáticas: lingua, literatura, biografías, premios literarios, Días das Letras, toponimia... prehistoria, os suevos, Prisciliano, idade media, irmandiños, política... monumentos, patrimonio, pintura, escultura, arquitectura, museos, etnografía...   música, cinema, televisión, televisión, radio, premios, deporte, festivais... xeografía, festas, pesca, agricultura, industria, gastronomía, fauna, flora... OBXECTIVO DO XOGO Rematar en primeiro lugar o percorrido do taboleiro, un percorrido polo mapa galego,   respondendo atinadamente o maior número de cuestións. DESTINATARIOS/AS DO XOGO TI NON ES DE AQUÍ? Está deseñado como xogo de sociedade para persoas cuns coñeceme

Celebramos o 1º aniversario da nosa tenda física. Esperámoste!

 

HABEMUS TENDA!

HABEMUS TENDA! Si, efectivamente, após estes anos de traballo OZOCOgz dá un pasiño máis e abre tenda "física" cos produtos máis ozoqueiros do mundo. Como non podía ser doutro xeito abrimos no Carballiño, na nosa vila e, quen sabe? Igual co tempo continuamos na túa vila. Por ganas e ilusión non vai quedar. Na tenda OZOCOgz deseño galego poderás atopar, ademais e por suposto das nosas creacións, instrumentos tradicionais, arte, artesanía, bixutaría, zocos e música independente galega entre outras cousas, coas que nos une o interese por traballar en "clave" Galiza. A tenda está na rúa Curros Enríquez número 29, nunha das zonas peonís da vila. Agardámoste!