Esta fin de semana, o sábado día 3 , celébrase en Chantada a décima edición do Castañazo Rock na súa segunda etapa. E OZOCOgz estará alí, ofrecendo os seus produtos e gozando dun concerto que promete ser memorable: reunir a Diplomáticos , Papaqueixos e Rastreros outra vez, e xuntalos cos Cuchufellos e Liviao de marrao asegura festa! Mais por se isto fora pouco, haberá tamén actividades lúdico-culturais polo día adiante, botade un ollo ao programa do día na web do festival: http://castanhazo.com E non esquezades pasar polo noso posto de venda. Non é obrigatorio mercar, podedes simplemente botar un ollo e dar algo de charla, mais se mercades algo porque vos gusta, nós encatand@s!
OZOCOgz nace coa vocación de dar unha outra visión do deseño dende unha óptica galega con identidade propia. Un deseño fresco no que o visual, unido a mensaxes nidias e suxestivas, distinga os nosos produtos entre a ampla oferta do mercado actual.