NOVAS CAMISOLAS PARA ESTE NADAL

Estamos de estrea!

Camisola unisex co lema QUE NUGALLA! en cores granate e gris chumbo.

Segundo o dicionario da RAG a NUGALLA é:

A falta de vontade para traballar ou facer algo que require algún esforzo. Son sinónimos desta fermosa verba desidia, galbana, maiola, preguiza e vagancia.



http://ozocogz-atenda.com/index.php?id_product=167&controller=product

******************** 

E para as e os máis cativos da casa a nova camisoliña da LAGARTIÑA
En talles 12 meses, 24 meses e 3/4 anos e cores laranxa e vermella (roxa)


 http://ozocogz-atenda.com/index.php?id_product=167&controller=product 
 

OZOCOgz máis un ano na CULTURGAL


OZOCOgz máis un ano na CULTURGAL
Os días 30 de Novembro (sexta-feira), 1 (sábado) e 2 (domingo) de Decembro de 2018 no Pazo da Cultura de Pontevedra

Este ano estaremos con moitas novidades e estreas como as novas camisolas unisex QUE NUGALLA!, as camisolas para bebés da LAGARTIÑA, novos cadernos como o dedicado a LOIS PEREIRO e o dedicado a SIMONE DE BEAUVOIR e, por suposto, o noso produto estrela para este Nadal, o xogo de mesa TI NON ES DE AQUÍ?
Por certo, que o sábado día 1 de decembro, formando parte da programación oficial da Feira, no Espazo Libro faremos unha presentación oficial do xogo.
Como todos os anos temos de agasallo por mercar e/ou visitar o stand o, xa tradicional marcapáxinas multiusos (calendario, marcapáxinas, regra, Letras Galegas), nesta ocasión dedicado a Antón Fraguas, persoeiro a quen se lle dedica o Día das nosas Letras para o vindeiro ano 2019.



*  *  *

QUE NUGALLA!
Nova camisola unisex


Estreamos novo modelo de camisola en talles de adulto (dende S até 3XL), unha figura icónica do cinema de sempre como Charles Chaplin serviunos de inspiración á hora de deseñar esta camisola que, baixo a desculpa desta expresión tan nosa, pretende homenaxear a figura, sempre actual, deste xenial actor.
A camisola podedes atopala en cores granate ou gris chumbo.

*  *  *

LAGARTIÑA
Nova camisola para bebés


@s máis cativ@s da casa tamén poden estrear este Nadal unha camisoliña ozoqueira. En talles de 12 meses, 2 anos e 3/4 anos e cores laranxa (roxa) e vermella un bonito deseño cunha cantiguiña tradicional:
“LAGARTIÑA, sae da buratiña que che comen a túa hortiña”.
Só a venda na nosa loxa en liña e, por suposto, esta fin de semana na Culturgal 2018.
*  *  *

SIMONE DE BEAUVOIR
Novo caderno ozoqueiro

O caderno que vos presentamos vai dedicado, nesta ocasión, á figura desta grandísima muller, escritora destacadísima do existencialismo e figura fundamental para entender o movemento feminista do pasado século.
Como todos os nosos cadernos, a contracapa leva unha mini biografía da personaxe.

TI NON ES DE AQUÍ? - Un xogo de mesa cultural - educativo, a nova aposta de OZOCOgz papelaría



TI NON ES DE AQUÍ? é un xogo de mesa en formato tradicional de taboleiro, tarxetas con preguntas e fichas, no que se pretende poñer a proba os coñecementos que os participantes teñen sobre Galicia, contestando preguntas sobre aspectos diferentes do país, divididas en 5 bloques ou áreas temáticas:

  1. lingua, literatura, biografías, premios literarios, Días das Letras, toponimia...
  2. prehistoria, os suevos, Prisciliano, idade media, irmandiños, política...
  3. monumentos, patrimonio, pintura, escultura, arquitectura, museos, etnografía...
  4.  música, cinema, televisión, televisión, radio, premios, deporte, festivais...
  5. xeografía, festas, pesca, agricultura, industria, gastronomía, fauna, flora...


OBXECTIVO DO XOGO

Rematar en primeiro lugar o percorrido do taboleiro, un percorrido polo mapa galego,  respondendo atinadamente o maior número de cuestións.

DESTINATARIOS/AS DO XOGO

TI NON ES DE AQUÍ? Está deseñado como xogo de sociedade para persoas cuns coñecementos culturais medios sobre Galicia. Poderán xogar nenos e nenas a partires dos 12 anos de idade aínda que o ideal sexa o alumnado dende o Ensino Secundario Obrigatorio en diante.


PREPARACIÓN DO XOGO

Despregar o taboleiro sobre unha mesa ou superficie chan. Cada participante collerá un dos peóns que colocará a carón da casiña de saída. Barállanse as tarxetas-pregunta e colócanse nunha das caixiñas interiores de forma que só se vexa a traseira das mesmas. Sortéase a orde de saída e comeza a xogar o/a primeiro/a participante segundo as regras que veñen deseguido.


AS TARXETAS-PREGUNTA

Están divididas en 5 bloques temáticos (175 tarxetas por tema), identificábeis pola cor e o debuxo do reverso. No anverso da tarxeta aparece un encabezado ou título e catro opcións. Debemos atinar cal das catro opcións non ten a ver co encabezamento da pregunta. Exemplo: Collemos unha tarxeta de LINGUA - LITERATURA. No título lemos SINÓNIMOS, seguido das 4 opcións HÓRREO, CABACEIRO, POMBAL, CANASTRO. Como se pode comprobar POMBAL non é unha palabra sinónima das outras 3, este é o dato que debemos atinar para continuarmos xogando.



O TABOLEIRO

O taboleiro do xogo está dividido en 76 casiñas, entre as que se indica con frechas a dirección a seguir polos/as participantes, dende a casiña de SAÍDA até a CHEGADA (o “G” do centro do taboleiro). Hai 7 casiñas marcadas co número 3, e 8 casiñas co número 2, así como 4 casiñas co nome da cada unha das cidades capital de provincia. O resto de casiñas fan referencia ás diferentes temáticas identificadas pola súa cor e o debuxo correspondente.

FINAL DO XOGO

O/A xogador/a que chegue en primeiro lugar á casiña de chegada (O “G” central) será o/a gañador/a da partida.

http://ozocogz-atenda.com/index.php?id_product=161&controller=product


Entrega de premios concurso micro-relatos 2018


Xa está todo preparado para entregarmos os premios ás gañadoras da 6ª edición do noso concurso literario.
Contar coa túa compaña ese día sería o maior premio para quen organizamos este concurso no que a cambio de micro-relatos ofertamos macro-amizades. Contamos contigo!
Apertas ozoqueiras!!!!!