O 12 de setembro cumprimos 5 aniños. Celébrao con nós en facebook e podes levar un agasallo ozoqueiro.


O 12 de setembro do 2012 comezamos oficialmente a andaina da nosa marca de deseño. OZOCOgz, que así decidimos chamarnos trala boa acollida da nosa primeira camisola -a camisola do zoco/convértete-, nacía con moitas ilusións mais tamén co medo natural e a incerteza de non saber como nos iría, de preguntarnos canto poderiamos aguantar na “selva do mercado”.

Dende aquela pasaron 5 anos, un lustro de traballo cuxo froito podemos ver na cantidade de produtos ofertados pola nosa tenda, as preto de 20 tendas ozoqueiras (librarías e tendas ao longo de todo o País que confían en nós e venden os nosos produtos), 5 edicións do, cada vez máis coñecido, concurso de micro-relatos e, o máis importante, a nosa introdución nas redes sociais con máis de 2500 amigos e amigas en facebook, a rede da que máis gustamos e mimamos.

imaxe © filosofiaencolmenarejo.wordpress.com
Por tanto coidamos que é o momento de celebralo e para iso queremos premiar a fidelidade da nosa clientela, dos nosos amigos e amigas, e imos facelo cun sorteo de produtos ozoqueiros. Ademais imos facer este sorteo, non o 12, día “oficial” do noso aniversario, senón o 20 para que teñades máis tempo de participar.

Participar? Como?


O sorteo queremos enfocalo para premiar a vosa fidelidade e para iso o primeiro sodes quen nos tedes axudado a medrar mercando algún dos noso produtos. Para iso imos pedirvos que entredes no evento de facebook que creamos para a ocasión (5º aniversario OZOCOgz) e nos enviedes unha fotografía con algún dos nosos produtos (camisola, chapa, caderno...) e, se o tendes a ben, algun textiño felicitándonos (que nos vai encantar ;) ) e tamén que compartades o evento no voso muro, así de doado.


Entre todos e todas os participantes escolleremos (por sorteo) tres gañadores ou gañadoras que recibirán, nesta orde, unha camisola, un libro de micro-relato e unha bolsa de algodón orgánico.


Ánimo, Botádelle un chisquiño de imaxinación e comezade a enviarnos as vosas fotografías ozoqueiras.


Grazas por todo!!!!