Entregados os premios da 5ª edición do noso concurso literario


O sábado 24 de xuño celebrouse no lugar de Pazos de Arenteiro, do concello ourensán de Boborás a entrega de premios ás gañadoras da 5ª edición do Concurso de micro-relato OZOCOgz.



A gañadora do 1º premio, Susana Villamor, recibíu un diploma, vale para a estancia dunha noite na casa de turismo rural Aldea Pazos de Arenteiro, unha camisola OZOCOgz, un lote de libros obsequio da deputación ourensá e un agasallo da asociación de diminuídos psíquicos ASPADISI do Carballiño. Cruz Martínez, finalista, recibíu diploma, unha camisola OZOCOgz, lote de libros obsequio da Deputación de Ourense e agasallo da xente de ASPADISI.


Os premios foron entregados, no caso da finalista, por Fernando Miranda, dono da Libraría Miranda de Bueu e membro do xurado, Roberto, usuario de ASPADISI  e Eladino Cabanelas, responsábel de OZOCOgz. No caso de Susana Villamor, os premios foron entregados por Ramiro Fdez. Padín, dono da casa de turismo rural Aldea Rural Pazos de Arenteiro, Miguel Anxo Fernández, escritor que ven de gañar o Premio Blanco-Amor de novela deste ano, Juan Manuel, usuario de ASPADISI e, tamén Eladino Cabanelas de OZOCOgz.


Antes da entrega houbo un pequeno recital de música e poesía no que interviron Rochi Nóvoa, Quico Valeiras, Alexandre Cabanelas, Dani Soldevilla e Puntxa Rivers.


Perfil das gañadoras:


Susana Villamor. Nada en Vigo, mais residente no Morrazo –en Moaña- dende hai 26 anos, é coidadora dun comedor escolar e, como escritora gañou tamén o Concurso de micro-relatos da Lonxa Literaria de Moaña.


Cruz Martínez. Nada en Armenteira (Meis) é colaboradora habitual de Sermos Galiza e Praza Pública. Gañou o XXII e o XXVI Certame ROSALIA DE CASTRO de poesia cos poemários (Amante tocada pola antropofaxia) decembro-2008 e (Contemplo o proceso inevitábel da despedida) decembro-2012. (Cornellà- Barcelona). E o II Certame de Poesía “MANUEL MARIA” Co conxunto de poemas (O lánguido ocaso dunha dalia) 24 de maio, 2014. (Gipuzkoa).


Tivo unha Mención de Honra no “Concurso Internacional de Cuento breve y Poesía” Homenaje a Manuel Curros Enríquez co poema “Tallo de pedra pendurado na memoria” . 2008-Bos Aires (Argentina).


Conseguiu segundos Prémios no I Certame Terras de Chamoso. (Bosquexo dunha perna que pretende tirar para diante). Lugo-2008. XXIII Certame Feliciano Rolán. (Se cadra, son pequena de máis). A Guarda-2009. III Certame de Poesía “Mulleres do noso tempo” (A palabra xurdiu da dislalia).Cee-2010. VIII Certame Literario Concello de Ames. (Atraídos por un choque de feromonas)-2011. I Certame Literario de poesía e relato curto Xosé Neira Vilas. (A coleccionista de cicatrices) Compostela- 2012


E terceiros premios no Certame Literário e artístico AALF en lingua portuguesa con “Às vezes temo a metamorfose”. Freamunde- Portugal 2003 e no Certame Eduardo Chao con “Aínda son unha amante inconsútil” Vigo-2006.


De esqu. a dta: Fernando Miranda, Juan Manuel, Susana Villamor, Roberto, Miguel Anxo Fernández, Eladino Cabanelas e Cruz Martínez
Actuación de Alexandre Cabanelas, Dani Soldevilla e Puntxa Rivers


Quico Valeiras recitando


Quico acompañado ao saxo por Alexandre Cabanelas

Intervención de Eladino Cabanelas, OZOCOgz

Susana Villamor, gañadora do concurso

Cruz martínez

Fernando Miranda, Susana Villamor, Eladino Cabanelas, Cruz Martínez, Ramiro Fdez. Padín e Miguel Anxo Fernández



En xuño citas importantes de OZOCOgz

Despois de termos estado por terras de Cospeito e do Pereiro de Aguiar, na primeira fin de semana do mes, continuaremos a xira 2017 por Lalín e Agolada.

Mais non son estas as únicas citas ozoqueiras porque o vindeiro sábado 24, en Pazos de Arenteiro (Boborás) imos facer entrega dos premios da V edición do concurso de micro-relato; entrega de premios ao que ficades todos e todas convidados (*).

(*) Se che apetece vir, só/a ou acompañado/a, tan só mándanos recado uns días antes para confirmares a túa/vosa asistencia.


https://www.facebook.com/EiradaXoana/?fref=ts