Vindeiros "bolos" de OZOCOgz na Xira 2017

Narón, Muimenta e O Pereiro de Aguiar son os lugares onde OZOCOgz vai estar presente en vindeiras xornadas.

Todo son eventos onde o esforzo, a vontade e a ilusión dos seus/súas organizadores/as en cambiar as cousas para ben ten a súa parte fundamental. Parabéns a todos e todas eles polo seu traballo e xenerosidade 💕.


O sábado 27 de maio, no CPI do Feal , de Narón desenvolverase a XI edición do Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, organizado por Brinquedia, coa colaboración dun gran número de asociacións que traballan día a día pola recuperación e consolidación do xogo/deporte tradicional galego.

Nesta páxina podes consultar quen son estas asociacións: Listaxe na web de Brinquedia.


O sábado 3 de xuño, no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta, vaise desenvolver a IX Festa dos xogos tradicionais. Nesta ocasión é XOTRAMU, a asociación do Xogo Tradicional de Muimenta quen organiza esta impresionante festa de convivencia, tradición e hermandade.


O domingo 4 de xuño, da man de Sustinea e coa colaboración do concello, terá lugar o II Ecomercado do Pereiro de Aguiar. Vaise desenvolver na área recreativa de Loñoá entre as 10 da mañá e as 2 e media da tarde.

Parabéns a Sustinea e a todas as asociacións ou grupos que traballan día tras día por facer deste mundo un lugar máis sostíbel, xusto e solidario.



Ningún comentario:

Publicar un comentario