Micro-relatos gañadores da 5ª edición do Cuncurso de micro-relato OZOCOgz



Dia das Letras Galegas 2017

Xa temos relatos gañador e finalista no V Concurso de micro-relatos OZOCOgz.

Unha vez lidos, entregada a puntuación e feita a media correspondente da totalidade dos micro-relatos presentados a concurso polos/as membros do xurado  e actuando como fedatario Eladino Cabanelas, en representación de OZOCOgz, resultaron gañador e finalista os seguintes relatos:

1º premio e gañador dunha camisola OZOCOgz e un vale por unha estancia para dúas persoas por unha noite, con almorzo incluído, na casa de turismo rural Aldea Rural Pazos de Arenteiro, no concello ourensán de Boborás, para o micro-relato UN SUPERHEROE, presentado co seudónimo ARGALLADAS, baixo o que se agochaba o nome de Susana Villamor Prieto.

Finalista e gañadora dunha camisola OZOCOgz e un lote de libros doado pola deputación de Ourense, o micro-relato UM TOPO, UM EVADIDO, presentado co seudónimo DORINDA BLAKE, baixo o que se agochaba o nome de Cruz Martínez.

Parabéns ás gañadoras!!!!! 

* * * * * * * *

1º premio: UN SUPERHEROE 
Por: Susana Villamor Prieto 

Fai uns meses atoparon restos humanos trala tapia da Casa da Cultura, noutrora matadoiro municipal, que resultaron ser do meu pai e doutro veciño da vila. 
Hoxe puxeron unha pedra no lugar cunha placa cos seus nomes. Foi un día de moito rebumbio, ata estivo a televisión. 
Xa na casa acocheime onda meu neto. Preguntoume que lle pasara ao bisavó. 
-Meu pai, díxenlle, era xuíz. Un bo home, benquerido e respetado en toda a contorna. Unha noite na primavera do ano 36 entraron na casa uns gardas de paisano: Es usted el Ilustrísimo Señor Don Luciano Graña? E sen agardar resposta algunha levárono e nono volvemos ver. 
-Matárono? 
-Sí. 
-Pero, porque? replicou o rapaz. 
-Pois... por ser leal ao seu corazón e non permitir endexamais as inxustizas. 
-Guau! Coma un superheroe! exclamou orgulloso. 
…Un superheroe! pensei. Sorprendinme sorrindo. Gustoume. 


 * * * 

Finalista: UM TOPO, UM EVADIDO 
Por: Cruz Martínez 



Ele conserva na retina o triste retrato de Maria depois da ultrajem, é uma rapada da represão. A visibilidade patente da violentação, uma vítima. Custa-lhe superar a situação e Manuel deve estar ausente, inexistente. É um topo, um evadido. 
Só o paporroibo achega-se à claraboia a dar-lhe o breve saúdo, a entoação nostálgica do tempo em que espertava com o sorriso belido da alegria. 
As pegadas inesperadas nas tábuas do chão da sala, fende a sua breve tranquilidade. Ignora quem pode importunar o seu isolamento, pois Maria está com a mãe na aldeia e pensa que está só. Deixa o pão com chouriça na roída tabuinha que lhe serve de mesa, colhe com temor a lanterna, achega-se sigilosamente à pequena abertura de madeira do faiado e observa. 
A celeridade dum projétil atravessa a escuridade da estância e ele cae. 

Ningún comentario:

Publicar un comentario