TRONO da MOURA, novo punto de venda ozoqueiro.


Xa temos punto de venda na Comarca de Verín!

Trátase de TRONO da MOURA, un fermoso e orixinal local situado no lugar e parroquia de Tintores, moi pretiño da vila de Verín e pertencente a este concello ourensán.

Aconsellamos visitar este local onde o primeiro que vai sorprender é a orixinal decoración e o mobiliario, feito todo en madeira, á que se lle respectaron as formas orixinais, adaptándoa para cadeiras, mesas e até columnas.


TRONO da MOURA é ademais e sobre todo un espazo cultural que David, o seu propietario, pon a disposición de quen teña algo que dicir, algo que contar, algo para amosar. Dende concertos en directo a presentacións de libros ou exposicións de artistas, todo ten cabida neste acolledor espazo.

Mais isto non é todo, porque no TRONO da MOURA tamén poderás gozar dunha excelente cociña, destacando as carnes de excelente calidade e das que dá fe o propietario (criador do gando que logo se ha comer no seu comedor), acompañada dos viños da zona, entre os que cabe destacar o propio viño da casa, dun sabor exquisito e digno de envexar por adegas ben máis coñecidas e con máis renome dentro da propia comarca.




E, claro está, agora tamén, novo punto ozoqueiro e, como case sempre ocorre cos lugares onde temos á venda os nosos produtos, unha tenda ozoqueira en continuo movemento!!!! 

Polo de agora poderedes atopar alí tan só as CAMISOLAS do ENTROIDO, mais se queredes calquera outro dos nosos produtos, non dubidedes de dicirllo a David, que se encargará de que llo fagamos chegar o máis axiña posíbel.

http://www.ozocogz.com/p/blog-page_30.htmlhttp://www.ozocogz.com/p/blog-page_30.html


O dito, non deixedes de visitar este magnífico local onde un xantar ou unha cea vai ir acompañado, ben seguro, dun toquiño de maxia da MOURA.

Para saber como chegardes ata alí, preme na seguinte ligazón: AQUÍ ESTÁ!!!

Ningún comentario:

Publicar un comentario