Nova tenda online de OZOCOgz

Estamos de noraboa!!!!

A nova loxa ozoqueira xa está na rede, botádelle unha ollada.

Dúas formas de entrar: Directamente dende o buscador da Internet co enderezo ozocogz-atenda.com ou dende calquera das ligazóns directas dende esta web www.ozocogz.com ou facebook.

Na web aparecen perfectamente clasificados os nosos produtos por categorías

Poderás ver e facer a combinación que desexes, no caso das camisolas, talle, cor, unidades, etc.

E o que é máis importante e a nosa anterior tenda online non permitía, poderás facer o teu pagamento, ademais de por transferencia bancaria ou ingreso no banco, co teu cartón bancario ou conta PayPal.



Agardamos sinceramente que sexa do voso agrado.

En setembro, OZOCOgz ao Poesía no Condado

Comeza setembro e, como xa ven sendo costume, OZOCOgz visita Salvaterra do Miño participando no Festival de Poesía no Condado, que este ano vai xa pola súa XXX edición. Case nada!!


Fantástico programa nos teñen preparado dende a SCD Condado para celebrarmos, como se merece, 30 aniños de Poesía e reivindicación.

Velaquí o programa:

SEXTA-FEIRA, 2 de setembro

20:00 | Apertura exposicións
Infinito. Daniel Pérez
Debuxos de negros de Castelao (Cedidos por Editorial Galaxia)
100 anos. Irmandade da Fala de Compostela

20:30h | Noite nas Minas*
Rochi Nóvoa. Poesia
Sofía Espinheira. Concerto

* Entrada 10€·8€ (desempregadas)
Reserva de bilhetes:
info@scdcondado.org – 646 95 95 87

23:00h | Festa rachada & Caldo verde
O Puto Coro do Exército Froilanista
Ronco&foll
Espalda Kemada

SÁBADO, 3 de setembro

11:30 | Feira de colectivos e artesanato.

11:30 | Bilharda
Aberto da Poesia (Liga Nacional de Billarda).

11:30 | Passa-Ruas.
Ronco&foll.

11:30 | Comboio de baixa velocidade

12:00 | Poesia
Abordaxe poética no comboio de baixa velocidade.

13:00 | Presentaçom
As terapias da doutora Ledicia, de Raquel Castro. Ed. Galaxia

13:30 | Sessom vermute
KNeves no Autoblues Chicago-Fornelos. Servizo discrecional
Ronco&foll

17:00 | Festa Infantil
‘Cóxegas’ (busca do tesouro)

17:00 | Audiovisual
Seleçom de curtas do Festival de Cans
Mans Mortas, de Daniel Pérez e Adrián González

18:00 | Teatro
A lingua na boca. Letras, riscos e pensamentos de Castelao, de Limiar Teatro

18:00 | Poesia
Assinatura de livros das poetas participantes.

19:00 | Poesia
Abordaxe poética no campo da festa.

19:00 | Poesia
Antía Otero &Isaac Garabatos

19:30 | Poesia
Xuventude Imbécil

20:30 | Música&Poesia
Apresenta: Xurxo Souto
Leitura do limiar, por Xurxo Martínez

Poesia:
Emma Pedreira
Mário J. Herrero
Rui Spranger
Ana Romaní
Aurora Boreal
Oriana Méndez
Jesús Castro
Manolo Pipas
Lara Dopazo
Antón Blanco

Música:
Zurrumalla
Sokram
Familia Caamagno
DJ Selecta Alice 





Estreámonos no festival XIRONSA de Cambados

OZOCOgz estreámonos no Festival XIRONSA 2016.

Este festival, que vai xa coa súa edición XVI celébrase en Corbillón - Cambados.



Nesta XVI edición o Festival Xironsa contará coas actuacións de:
- PEPE VAAMONDE GRUPO OS MODERNOS XABIER DÍAZ E ADUFEIRAS DA SALITRE - DAKIDARRIA OS MELIDAOS PETER PUNK VENDAVALADA QUINTETO TRADICIONAL CIRCO CHOSCO - AIRES DA COTRA - EICHEDISIR
- Tamén actuarán diferentes grupos da propia Agrupación Xironsa
Haberá sesións vermú e de picadiscos



 









Nesta XVI edición do FESTIVAL XIRONSA, na II FOLIADA XIRONSA do venres 26 de Agosto, abrirá o serán OBRADOIRO VOLANDEIRA, compañeiros nosos de Cambados. Vinde cargados co voso instrumento que logo nos tocará a tod@s os que queiramos participar! 
NON FALTEDES!!!!

OZOCOgz pateando o País máis un ano en Pantón

OZOCOgz voltamos a Pantón a outro dos eventos festivaleiros chave na Galiza, o Festival do Castro 2016.


Bótalle unha ollada ao programa e non deixes de colaborar con eles mercando a súa camisola oficial. Iso si, deixa uns cartiños no peto para adquirires no propio recinto e no noso stand as camisolas máis ozoqueiras desta e das outras partes do mundo, as camisolas de OZOCOgz!!!