Ven ao Laroucofest!!!!

Os días 8 e 9 de xullo celébrase no concello ourensán de Baltar o II Laroucofest, un festival musical cuxo lema xa resume o espírito da súa organización:

En defensa da nosa Serra e o medioambiente.

OZOCOgz estaremos o sábado día 9 amosando os noso produtos ozoqueiros por esas terras raianas.

Bótalle un ollo ao programa e tamén ao fermoso vídeo promocional.

Vídeo entrevista na Cadena SER (preme na imaxe):

https://www.facebook.com/169611583876/videos/10153810065373877/



Camisola Rosalía de Castro

Modelo de camisola homenaxeando a figura de Rosalía de Castro.

No ano 2013 aparece unha primeira edición de “Cantares Gallegos” cun autógrafo, unha foto inédita de Rosalía e a resposta de Fernán Caballero.

Máis información: Sermos Galiza

A foto, que podedes ver no final deste post, animounos a facer a nosa camisola rosaliana. Xa había tempo que desexabamos facela e esta foi a ocasión ideal posto que, do moito material homenaxe que existe no mercado viamos como case sempre se usaba a mesma imaxe, e nós queriamos facer algo diferente, novidoso.

Na imaxe podemos apreciar una Rosalía máis nova, imaxe que trasladamos ao noso deseño enraizando á nosa POETA coa Galiza que tanto cantou, reivindicou e defendeu.

Os versos que acompañan pertencen ao poema "Eu cantar, cantar, cantei" do seu libro "Cantares Gallegos".


Este é o noso vídeo promocional

Este o deseño


A camisola está dispoñíbel:

No modelo de moza entallado, con sisas e espalda estilo nadadora na cor AZUL ELÉCTRICO. Exclusivamente en talles S, M e L.

No modelo unisex, cor AZUL MARIÑO. Exclusivamente en talles L, XL e XXL.


 http://ozocogz-atenda.com/index.php?id_product=26&controller=product 
http://ozocogz-atenda.com/index.php?id_product=25&controller=product

As fotografías:




Álbum fotográfico da entrega de premios da 4ª Edición do Concurso de micro-relato OZOCOgz

Este é o álbum da entrega dos premios da 4ª edición do concurso de micro-relato OZOCOgz.

Os nosos agradecementos para todos e todas os que viñéstedes poñer na Almuzara unha tarde tan bonita de amizade e complicidade.

Como non quero ficar sen nomear a ninguén, sabede que vai un lote de grazas para os que saides nas fotos e para os que non, incluíndo a aqueles, que por unha razón ou por outra non puideron asistir, especialmente a Susana González (Süsu Glf), brillante gañadora e, ben seguro, sufridora dende a Suiza.

Si quero facer unha mención especial, por un lado para o dúo de jazz Pardedous (Ángel Alfonso Gulías López e Alexandre Cabanelas Forneiro), polo seu bo facer e por axudarnos sempre se pedir nada en troques; e por outro á grandísima poeta Rochi Nóvoa Vázquez e "family" polo palizón que se deron ese día, dende Ourense a Outeiro de Rei e dende Outeiro de Rei á Almuzara, só por compracer a este que vos escribe. 


Ah! E por suposto, a mesma Rochi Nóvoa Vázquez, quen ademais sacou este lotazo de boas fotos.
O dito, para todas e todos, sen excepción, obrigadísimo. 


Ficades emprazados e emprazadas ata a vindeira edición... que xa será a 5ª






 


 

Os PARDEDOUS abrindo o acto coa súa música.

 

 

Parte dos amigos asistentes. Ollando de fronte e de atrás para adiante están Edelmiro Sotelo e a madriña da gañadora, Susana González (Süsu Glf), Conchi Lago ; Francisco (Fran) e Juan Manuel, o mozo do teléfono, ten que perdoar, non lembro o seu nome (que alguén o etiquete, p.f.); Roberto e Cristina Gonzalez Rodriguez, curmá da gañadora, e por diante de todos Josefa Rodríguez, Presidenta de Aspadisi.

 
Outro momento da actuación de PARDEDOUS







Outra foto dos asistentes. Volvo dicir, como non sei o nome de todos, etiquetádevos e/ou etiquetade, por favor.
Na primeira fileira, a carón de Josefa Rodríguez, están Xaime Nogueira (Xa Nogueira) da libraría Andel Libraría de Vigo, Fernando Miranda Estévez, da Librería Miranda Bueu, e Lois González Dopazo.




 
Máis fotos do público, detrás, de pé, Andrea Otero, finalista do concurso, a carón da súa nai, Rosa Ana Glez Thurner e Monica G Thurner.


O público que ficou de pé (1). De esquerda a dereita, Mariluz Lopez Dopazo, Hilario Gulías, Yago González Gradín, Carolina Filgueira Otero, Reme Forneiro, a mamá de Andrea Otero, Andrea Otero, Rosa Ana Glez Thurner e Monica G Thurner.

 
O público que ficou de pé (2). De esquerda a dereita, a dona de Felipe Gallego (perdón, non lembro o nome), Mary Carmen Garcia Fernandez, e o seu acompañante, Toña Novoa Vazquez, Mariluz Lopez Dopazo, Hilario Gulías, Yago González Gradín, Carolina Filgueira Otero e Reme Forneiro.

 
Momento da lectura da acta do xurado e nomeamento das gañadoras. De esquerda a dereita, Felipe Gallego, xerente do Pazo Almuzara, José Manuel Vázquez Lorenzo, gañador da 3ª edición do concurso; Eladino Cabanelas, responsábel deste enredo OZOCOgz; e Elena Gallego Abad Paleo, escritora a que non hai nin que presentar e membro do xuri xunto con José Manuel Vázquez Lorenzo.

 
O público expectante.

 

Entrega de parte do premio por parte de Elena Gallego Abad Paleo á brillante finalista Andrea Otero.
 
 
Roberto, en representación de Aspadisi, entregando un obsequio feito pola xente desta asociación.


 
Entrega do premio a Cristina Gonzalez Rodriguez, curmá da gañadora, Susana González (Süsu Glf), quen, como xa dixemos está na Suiza e non puido desprazarse. — con Cristina Gonzalez Rodriguez, Süsu Glf, Elena Gallego Abad Paleo, José Manuel Vázquez Lorenzo, Eladino Cabanelas e Andrea Otero.

 
Juan Manuel, en representación de Aspadisi, entregando o obsequio á gañadora, feito por eles na asociación. — con Eladino Cabanelas, Cristina Gonzalez Rodriguez, Felipe Gallego, José Manuel Vázquez Lorenzo, Andrea Otero, Elena Gallego Abad Paleo, Pazo Almuzara e Aspadisi.

  
Posando cos merecidos galardóns!!!

 
Andrea Otero lendo o seu relato.

 
Cristina Gonzalez Rodriguez lendo o relato gañador, da autoría da súa curmá Susana González (Süsu Glf)




Bonita foto feita pola fotógrafa de honra Rochi Nóvoa Vázquez.

 
Os libreiros tenden a facer gremio ;) 

 
Xa máis relaxados a dar conta duns petiscos. 

 

 

 
 - Vou facer contas a ver se vos podo contratar - semella dicirlle Lois González Dopazo a Pardedous ;)  

 

 
Foi unha xornada marabillosa e, ademais, pasámolo estupendamente todos...
Todas?
 



 

O 25 de xuño estaremos na I FESTA DO XOGO de Narón.

Convidados pola organización ds I FESTA DO XOGO de Narón, OZOCOgz desprazarase ate esta localidade para compartir momentos tanto co Padroado de Cultura do Concello de Narón como con SEDEGA e Brinquedia, colaboradores no evento.

Se vas estar nesta vila achégate. Haberá xogos populares, exhibicións, mercado de artesanía e xogo, e incluso exhibición de malabares.



Prosegue a xeira pre-verán de OZOCOgz. O 12 de xuño a Vilar de Santos

Grazas ao bo facer de Forno Tradicional Faragullas e A Arca de Noe poderemos estar amosando as camisolas e outros produtos ozoqueiros no Mercado de Artesanía e Produto Local que organizan o domingo 12 de xuño en Vilar de Santos (Ourense).

Vémonos alí!!!




Entrega dos premios aos relatos gañadores da 4ª Edición do Concurso de micro-relato OZOCOgz

Xa está case todo artellado para unha xornada importantísima para nós. A entrega dos premios ás autoras dos relatos gañadores da 4ª Edición do Concurso de micro-relato OZOCOgz.

Será o vindeiro sábado 18 de xuño, as 18:30 horas, no Pazo da Almuzara, no Concello ourensán de Boborás.

Aparte dos premiados (este ano premiadas) estarán con nós os escritores, as escritoras e os libreiros e libreiras que nos axudaron nas tarefas de ler e puntuar os relatos.

Haberá tamén música de jazz grazas ao dúo do Carballiño PARDEDOUS e, por suposto, algo para beber e picar. Apúntaste?

Se quixeres vir, por favor, fáinolo saber por correo electrónico a ozocogz@gmail.com ou ben por mensaxe de facebook. Nós encantados de que veñades cantos/as máis mellor.