Xa o sabedes, visitade Trandeiras o 1º domingo de novembro e, de paso que mercades algo dos diferentes expositores que alí estaremos, podedes aproveitar para xuntarvos ao magosto que alí se vai celebrar.
Ampliamos información publicada polo xornal dixital DENDE A LIMIA.COM:
Un magosto con mercado de artesanía e xogos en inglés no mosteiro de Trandeiras
17 de Octubre de 2016 (18:49 h.)
O mosteiro de Trandeiras é o lugar
escollido para celebrar un magosto especial o vindeiro 6 de novembro. A
xornada dará comezo ás 11h da mañá coa apertura dun mercado de artesanía
e produtos locais.
Os merendeiros do mosteiros será a zona
na que teña lugar a comida con alimentos cociñados en forno de leña e
onde se vai instalar un bar. Non faltará a música cunha foliada á que se
pode unir quen o desexe levando o seu propio instrumento.
Os máis cativos poderán por en práctica o
seu inglés cos xogos que darán comezo ás 16h. Ás 18h terá lugar unha
merenda e continuará a celebración do magosto ata as 19h.
Ese mesmo día hai programada tamén unha
andaina solidaria e un sorteo de diferentes agasallos. Entre eles unha
pandeireta artesá de Son de Pau, unha noite para dúas persoas na Casa do
Mosteiro, unha botella de licor de Alicornio e un colar e pendentes e
pulseira de prata con cristal checo de Noa´s bisutería.
Os que desexen achegarse a este evento
precisan de previa inscrición nos teléfonos 617 031 854 ou 619 389 193,
pagando 7 euros que inclúen comida, actividades e unha participación no
sorteo.
O magosto vai ter lugar nun entorno de
natureza e beleza como o mosteiro de Trandeiras. Organizan Noa´s bisutería, English is cool, Casa do Mosteiro e Son de Pau.
Ningún comentario:
Publicar un comentario