Entrega dos premios aos relatos gañadores da 4ª Edición do Concurso de micro-relato OZOCOgz

Xa está case todo artellado para unha xornada importantísima para nós. A entrega dos premios ás autoras dos relatos gañadores da 4ª Edición do Concurso de micro-relato OZOCOgz.

Será o vindeiro sábado 18 de xuño, as 18:30 horas, no Pazo da Almuzara, no Concello ourensán de Boborás.

Aparte dos premiados (este ano premiadas) estarán con nós os escritores, as escritoras e os libreiros e libreiras que nos axudaron nas tarefas de ler e puntuar os relatos.

Haberá tamén música de jazz grazas ao dúo do Carballiño PARDEDOUS e, por suposto, algo para beber e picar. Apúntaste?

Se quixeres vir, por favor, fáinolo saber por correo electrónico a ozocogz@gmail.com ou ben por mensaxe de facebook. Nós encantados de que veñades cantos/as máis mellor.


Ningún comentario:

Publicar un comentario