Eu son RIQUIÑ@. As camisolas do cole de Vilardevós.

Eu son RIQUIÑ@ é o lema que vai nas camisolas do CEIP Rodolfo Núñez de Vilardevós (Ourense).
Por iniciativa da dirección do centro decidiron agasallar a alumnado e profesorado cunhas camisolas cuxa encomenda nos fixeron, xurdindo un deseño ozoqueiro do que nos sentimos especialmente orgullosos. A Festa de Nadal celebrárona lucindo todos e todas as súas novas camisolas.

Van unhas fotos que nos enviaron dende o cole.

Graciñas e, Bo Nadal para todas, para todos e, en especial, neste caso, para a boa xente de Vilardevós.










Campaña de Nadal

Prezada/o amiga/o de OZOCOgz!!!
Xa está aí o Nadal!!

Unhas datas especiais marcadas, para a maioría por reencontros, ceas con amizades e familias e, tamén pola chegada duns seres -chamémoslle Apalpador, Papá Noel ou Reis, cando non os tres- que nos traen agasallos a uns/as e outros/as.

Mais como a maioría de nós sabe -aínda que nos gustaría pensar o contrario- que estes seres fantásticos fan a súa labor grazas a rompernos a cabesiña e baleirarnos os petos os uns, as unhas e os outros e outras.


ozocogz-atenda.com
  ozocogz-atenda.com

ozocogz-atenda.com

ozocogz-atenda.com

ozocogz-atenda.com

ozocogz-atenda.com

Por iso en OZOCOgz queremos botarche unha man e convidarte a ollar detidamente a nosa tenda online para, primeiro, ser do máis orixinal e atinar cun regalo exclusivo e, segundo, aforráreste uns euriños aproveitando a nosa campaña de decembro.

En que consiste a campaña?
Pois en aforrar o 15% en todos os nosos produtos téxtiles, ou o que ben a ser o mesmo, aforrar o equivalente aos custes de envío.
Lembra!!! tan só entre o 15 de decembro e o 1 de xaneiro, ámbolos dous días incluídos na promoción, e na nosa tenda en liña: ozocogz-atenda.comozocogz-atenda.com
Apertas ozoqueiras e... Boas festas!!!

Camiño do CULTURGAL 2016

Máis un ano en OZOCOgz estamos ultimando detalles para participarmos no maior evento cultural galego do ano, O CULTURGAL, a Feira das Industrias Culturais da Galiza abrirá de novo as súas portas os días 2, 3 e 4 de decembro, como xa ven sendo habitual, no Pazo da Cultura da cidade de Pontevedra.


Para que nos poidas atopar con facilidade bótalle un ollo ao planiño que publicamos aquí, estaremos no stand nº 73, para quen xa estiverdes con nós na anterior edición comentar que repetimos a nosa situación.

preme no plano para ampliares
Non deixes de visitarnos e pídenos o almanaque marcapáxinas que fixemos especial para a Feira, e se ademais, imprimes e nos traes unha copia do vale que figura nesta nova, levarás tamén un agasallo moi especial. Non deixes de facelo, as existencias son limitadiñas.

Por suposto, aproveita para mercares calquera dos nosos produtos e adiántate ás compras do Nadal do xeito máis orixinal e diferente.


Non deixes se seguirnos nas nosas redes cotiás de facebook e/ou twitter onde iremos deixando todas as nosas novidades ata, durante e despois do CULTURGAL.

Agardámosvos / agardámoste!!!!!




"Camisola habemus". Homenaxe ozoqueira ao mundo da gaita e d@s gaiteir@s.

Temos novo produto para esta tempada. Un deseño que pretende ser unha homenaxe ao mundo da gaita e d@s gaiteir@s, un dos elementos máis identificativos da nosa cultura.

Desta volta estreámonos con suadoiros. Agardamos que acaden o éxito e interese que o resto de produtos da nosa marca.


Talles de moza en cor AZUL TURQUESA
 http://ozocogz-atenda.com/index.php?id_product=38&controller=product

Talles unisex en cor VERDE BOTELLA
http://ozocogz-atenda.com/index.php?id_product=37&controller=product
Suadoiros en cor AZUL ROYAL
 http://ozocogz-atenda.com/index.php?id_product=39&controller=product

No outono os zocos de OZOCOgz non paran. O 13 de novembro á Eira da Xoana

O 13 de novembro recuncamos a Ramil (Agolada) convidados polo proxecto Eira da Xoana.

Que que é a Eira da Xoana?

Velaquí o que nos din os seus promotores e artífices:


É un proxecto aberto que ten coma obxectivo concienciar e pór en práctica os principios ecoloxistas e socioculturais que defendemos dende ADEGA (www.adega.gal)
É un lugar de encontro onde toda a xente concienciada e respectuosa co medio natural e cultural galego pode ter cabida, independentemente de que estean asociados ou non á asociación promotora deste proxecto: ADEGA
É pois unha aventura colectiva que para facerse realidade precisa:
  • da colaboración de todas e todos
  • de habilidades físicas e intelectuais
  • … de calquera aportación, por pequena que sexa
Temos a certeza de que esta UTOPÍA, á que chamamos Eira da Xoana, só será posible coa progresiva entrega e cooperación do pobo galego. Nelo cremos firmemente e de feito, xa tivemos a oportunidade de comprobalo dende o mesmo momento en que se iniciou esta andaina: veciñas e veciños coa súa xenerosidade, deixaron ben patente a boa acollida e repercusión que tivo, ten e pode ter esta iniciativa.

Historia da Xoana e da casa

Xoana foi a dona desta casa. A xente de Ramil ainda garda na memoria da súa infancia a imaxe dunha muller pequeneira que sempre tiña unha palabra de agarimo para os nenos que pasaban polas beiras do seu lar. A Xoana tiña prontas unha mazá ou unha pera para eles cando por alí ían co gado ao monte ou voltaban de algún mandado.
Esta é unha casa de aldea tradicional. Modesta, aínda no ámbito rural en que foi construída.
Conta Camilo de Ramil, que os seus avós colaboraron na sua construción. A pedra para a súa feitura veu das pedreiras do monte de riba, cargada nun carro de bois cando a estrada actual aínda non estaba feita.
No baldío que fica en fronte da casa, facíase antes a festa de Ramil, tamén chamada a Festa da Cabra, ao redor do cruceiro que logo foi trasladado para diante da Igrexa de San Martiño. Din que os bois chegaban onda o cruceiro e daban eles sós a volta despois de seren liberados do peso da pedra, para voltar a cargar máis no monte.
Manuela viña coas ovellas, cando xa a casa non estaba habitada e, mentras as coidaba, lavaba roupa no rego que corría polo medio da leira. Encontramos a pedra de lavar, cando liberamos a antiga terra de labor dos toxos e xestas que a escondían.
Despois da Xoana, aínda ficou vivindo na casa o seu fillo Xosé, que voltou de Cuba para onde emigrara. Non triunfaran todos os emigrantes. Moitos, como o Xosé, tiveron que voltar para a casa, morrendo doente no Hospital de Pontevedra
A casa ficou valeira por máis de 40 anos. A natureza traballou nas terras cubríndoas de toxos, silvas e xestas máis altas ca un home alto. A Eira ficou cuberta por herbas e terra. A casa foi abrigada polas silvas, as hedras, e algún carballo que naceu nos seus muros, camuflándose ante a mirada indiscreta da xente e conservou a súa estrutura tradicional paralizada no tempo. Aínda había restos do banco ao pé da lareira e do aparador da cociña cando entramos por primeira vez. Camilo coidou do hórreo que se estaba vindo abaixo, cubríndoo, provisoriamente, cunha uralita.
Na restauración procurouse conservar, no posíbel, toda a referencia ao seu pasado de unidade habitacional de autosuficiencia. Todo nela foi feito ao servizo dunha función: a sobrevivencia a partir da propia produción.
As antigas cortes, son hoxe a sala principal de exposicións e actividades, mais existe o cortello dos porcos á beira da xanela da cociña, o forno e a pía onde se picaban os toxos para dar de comer ao cabalo. A corte da besta transformámola en baño , por necesidade. E o fermoso tundal da entrada fálanos dun lugar axeitado para un pequeno carro; o xusto para as necesidades da casa.
Desexamos que te sintas aquí tan a gusto como nos sentimos nós, so a presenza protectora da Xoana, xa transformada en fada boa polo transcorrer dos tempos.
 



Tempo de magostos. Apuntámonos!!!

O 6 de novembro convidados polos veciños de Trandeiras (Xinzo da Limia) OZOCOgz estaremos cos produtos ozoqueiros nun lugar fermosísimo celebrando e gozando da súa FESTA MAGOSTO.

Xa o sabedes, visitade Trandeiras o 1º domingo de novembro e, de paso que mercades algo dos diferentes expositores que alí estaremos, podedes aproveitar para xuntarvos ao magosto que alí se vai celebrar.



Ampliamos información publicada polo xornal dixital DENDE A LIMIA.COM:

Un magosto con mercado de artesanía e xogos en inglés no mosteiro de Trandeiras

17 de Octubre de 2016 (18:49 h.)  

O mosteiro de Trandeiras é o lugar escollido para celebrar un magosto especial o vindeiro 6 de novembro. A xornada dará comezo ás 11h da mañá coa apertura dun mercado de artesanía e produtos locais.


Os merendeiros do mosteiros será a zona na que teña lugar a comida con alimentos cociñados en forno de leña e onde se vai instalar un bar. Non faltará a música cunha foliada á que se pode unir quen o desexe levando o seu propio instrumento. 

Os máis cativos poderán por en práctica o seu inglés cos xogos que darán comezo ás 16h. Ás 18h terá lugar unha merenda e continuará a celebración do magosto ata as 19h. 

Ese mesmo día hai programada tamén unha andaina solidaria e un sorteo de diferentes agasallos. Entre eles unha pandeireta artesá de Son de Pau, unha noite para dúas persoas na Casa do Mosteiro, unha botella de licor de Alicornio e un colar e pendentes e pulseira de prata con cristal checo de Noa´s bisutería. 

Os que desexen achegarse a este evento precisan de previa inscrición nos teléfonos 617 031 854 ou 619 389 193,  pagando 7 euros que inclúen comida, actividades e unha participación no sorteo. 

O magosto vai ter lugar nun entorno de natureza e beleza como o mosteiro de Trandeiras. Organizan Noa´s bisutería, English is cool, Casa do Mosteiro e Son de Pau.

Ao Mercado de Artesanía e Produto Local do Outono de Vilar de Santos

A Arca de Noe e o Forno Tradicional Faragullas organizan o Mercado de Artesanía e Produto Local do Outono.

Tralo éxito do que se desenvolvera por primavera, o domingo 16 de outubro, celebrarase esta segunda edición do Mercado. Entre as actividades que podedes atopar destacamos unha saída micolóxica e un gran concerto de Katya Teixeira (Brasil), nunha xornada onde a música e o xogo popular ocupan o resto do día nun ambiente de festa onde aburrirse está prohibido.

Vémonos alí!!!




III POEMAGOSTO. Recuncamos!

Por 3º ano consecutivo OZOCOgz imos acompañar á boa xente de Allariz durante a edición do POEMAGOSTO.

Botade un ollo á programación e non vos perdades os concertos da tarde -noite.

Máis información no facebook: POEMAGOSTO.


Vémonos o 24 e o 25 de setembro en Lalín

Vai rematando o verán e con el as visitas ozoqueiras ao longo deste noso País.

Os días 24 e 25 (sábado e domingo) de setembro, e convidados pola organización da Feira do Vento, imos andar por terras lalinenses.

Deseguido, para ampliar información, transcribimos un artigo do Diario de Pontevedra onde se fai eco deste evento.


A Feira do Vento volve a Lalín con actividades e preto de 40 expositores

O evento levará a cabo o fin de semana da festa das Dores e os postos repartiranse en diferentes rúas da localidade 

A Feira do Vento volve a Lalín para complementar a programación das festas das Dores. O evento, que este ano cumpre a súa terceira edición, levará a cabo os días 24 e 25 e contará con diversas actividades e con preto de 40 expositores de creadores e artesáns. Nesta ocasión haberá tamén tres postos gastronómicos rueiros. Un deles estará centrado na comida sa e vegetariana, outro en doces, e non faltará un lugar onde se poderá degustar polbo.

Cruz López, directora de Artesa dás Artes, destacou que unha vez máis se apostará polos xogos populares: "O ano pasado puidemos ver a avós, pais e netos xogando. Son actividades que unen e queremos seguir recuperando este tipo de xogos". O programa tamén inclúe talleres de debuxo, de iniciación ao cabaret, un safari fotográfico, representacións de maxia e monicreques e unha actuación de Scene Ballet, que,como asegurou López, "están traballando nun número novo e especial". O sábado, ás 20.00 horas, recordarase á cantante Paula Sueiro, falecida nun accidente de tráfico.

PERSONAXES LALINENSES.
A lista da categoría Personaxes Lalinenses continuará crecendo. Á vintena de veciños do municipio que xa forman parte da mesma engadiranse dous nomes: o de José do Polo e o de Rosa a Dulceira. Cruz López destacou de ambos a súa popularidade no municipio: "José estivo moitos anos na hostalaría, na banda de música, e fundou a orquestra Caracas. Rosa fixo doces para todas as familias de Lalín durante 40 anos".

Na presentación da terceira edición da Feira do Vento tamén estiveron presentes o presidente da comisión das festas das Dores, Daniel Antelo, e o alcalde lalinense, Rafael Cuíña. O rexedor agradeceu o labor e o esforzo da organización.

A Romaxe do 2016 nun lugar máxico, no Monte Seixo, a carón da Portalén

Máis un ano e convidados pola marabillosa xente que organiza, ano tras ano, a Romaxe dos Crentes galegos, OZOCOgz acudirá a esta cita especial.

Como todos os anos, os lugares escollidos xunguen o espírito relixioso do evento cos vellos cultos de exaltación precristiáns.

Desta volta imos estar no Monte Seixo, no Concello de Cerdedo (Pontevedra), "nesta telúrica paraxe, tan humana e socialmente representativa da loita pola sobre-vivencia e a súa conservación!", segundo verbas de Xabi Blanco, un dos principais argallantes desta festa - romaxe.

Para quen queirades acudir, deixámosvos aquí as coordenadas para o GPS (en Googlemaps): 42.4731 -8.3831.


Máis información sobre o acto aquí: Romeiros do Alén.

Para rematar fica aquí un artigo de Carlos Reigosa sobre este lugar máxico:

O Monte do Seixo, porta do Alén

CALROS SOLLA, xunto cos compoñentes da Asociación Cultural e Ecoloxista “Verbo Xido” e do Grupo de Estudos Etnográficos “Serpe Bichoca”, descubríronme a min e ao mundo os 24 quilómetros cadrados do Monte do Seixo aló polo ano 2005 coa publicación do “Almanaque de encantos. Mitoloxía da Terra de Cerdedo”. Logo chegaron títulos como “Monte do Seixo. Reivindicación da Montaña Máxica”, “Monte do Seixo. O santuario perdido dos celtas”; e un documental “Monte do Seixo. A Montaña Máxica” xunto coa organización de roteiros, conferencias e marchas, coa edición de artigos, vídeos, blogs, folletos e outras mil iniciativas coas tentan que o Seixo se reinvente nunha xeografía cangada, como sempre foi, de humanas emocións.
O Monte do Seixo, incluido na Rede Natura, anda a cabalo da Serra do Cando entre os concellos de Cerdedo, Cotobade, Forcarei, A Lama e Beariz. Nel danse cita o pasado histórico, relixioso e lendario, pois localizáronse varios xacementos arqueolóxicos e trinta estacións míticas asociadas a vellos cultos e ritos. No presente, a natureza revélasenos mancada pero aínda espléndida, sorprendente nalgunhas formación rochosas insospeitadas; o futuro, pola contra, a pesar de toda esa bagaxe de séculos, amósase escuro de non se pór remedio á toma polas bravas do monte por un parque eólico degradante.

fotografía da Portalén © Carlos G. Fernández

O Seixo é obra humana, pois invención humana son os nomes dos lugares que o habitan, das construccións, dos camiños e carreiros, das fontes e regatos, pozas e lagoas, dos animais, das plantas e das pedras; obra humana son as mámoas, os castros, capelas, muíños, foxos, neveiras…, e humanas son, aínda que non o parezan, as fantasías que o convirten nun monte singular, máxico, único, extraordinario. O Seixo, coma o Pindo, o Aloia, o Pico Sagro ou o Medulio, imaxinaria xeografía, son os portos, as atalaias, que os galegos temos máis preto do Alén.
Deixámonos guiar pola memoria de Isolina das Raposeiras, avoa de Calros Solla, e percorremos o Seixo emocionados, desde calquera das aldeas nas que asenta (Carballás, Barro, Meilide, Abelaíndo, A Cavadosa, Cimadevila, Bouzas, Fraguas, Gavián, A Barcia, Ricovanca, Hadrián, Ratel, Regotraveso, Cernadelo, Fontegrande, A Devesa de Baixo, Afonsín, Barro, Guisande e Presqueiras) ata coroar o Outeiro do Coto, a Cruz do Seixo ou o Castro Grande. Case sen pretendelo, coñeceremos Chan de Mamas e o que queda dos seus túmulos, o Marco do Vento, o Almadraque da Pirocha, o Outeiro da Cama, a Laxe do Mosqueiro, Fontefría, a Casa da Neve, Cavaladrós, Penadrosa, Campo do Boi, Santa Mariña, as Laghoas de Xestido coa vila de Trentinán asolagada, a Fonte de Sanabarrighas, o nome xa o di todo, e outros moitos lugares nos que aínda habitan pantasmas, monstros e outros seres, estacións polas que xa transitara hai arredor de 240 anos o ilustre Frei Martín Sarmiento.



fotografía da Portalén © Carlos G. Fernández
Non queremos despedirnos do Seixo sen conducirvos ata o lugar que nos achega á lumieira do Máis Alá, alí onde uns “petoutos furados, rachados, regañados, gretados, fendidos, lañados…”, coñecidos co revelador nome de Portalén, nos ofrecen a posibilidade de conversar cos que xa transpasaron os lindeiros deste mundo.
Quen desexe falar cos do Outro Mundo ten que ir no mes de Santos a Portalén, e debe levar canda si algún presente para comer e beber, pan e viño preferentemente, e tamén unha candea coa que alumar o momento. Logo xa pode preguntar o que desexe e as resposatras víranlle, cumpridas, dacabalo do vento.
Mais, ai daquel que revele o alí falado! Tomaráselle a voz e será por sempre vítima dun misterioso rouquexo.
__________©Antonio Reigosa, Xornal de Galicia, páx- 48, 15-VIII-2010.


Nova tenda online de OZOCOgz

Estamos de noraboa!!!!

A nova loxa ozoqueira xa está na rede, botádelle unha ollada.

Dúas formas de entrar: Directamente dende o buscador da Internet co enderezo ozocogz-atenda.com ou dende calquera das ligazóns directas dende esta web www.ozocogz.com ou facebook.

Na web aparecen perfectamente clasificados os nosos produtos por categorías

Poderás ver e facer a combinación que desexes, no caso das camisolas, talle, cor, unidades, etc.

E o que é máis importante e a nosa anterior tenda online non permitía, poderás facer o teu pagamento, ademais de por transferencia bancaria ou ingreso no banco, co teu cartón bancario ou conta PayPal.



Agardamos sinceramente que sexa do voso agrado.

En setembro, OZOCOgz ao Poesía no Condado

Comeza setembro e, como xa ven sendo costume, OZOCOgz visita Salvaterra do Miño participando no Festival de Poesía no Condado, que este ano vai xa pola súa XXX edición. Case nada!!


Fantástico programa nos teñen preparado dende a SCD Condado para celebrarmos, como se merece, 30 aniños de Poesía e reivindicación.

Velaquí o programa:

SEXTA-FEIRA, 2 de setembro

20:00 | Apertura exposicións
Infinito. Daniel Pérez
Debuxos de negros de Castelao (Cedidos por Editorial Galaxia)
100 anos. Irmandade da Fala de Compostela

20:30h | Noite nas Minas*
Rochi Nóvoa. Poesia
Sofía Espinheira. Concerto

* Entrada 10€·8€ (desempregadas)
Reserva de bilhetes:
info@scdcondado.org – 646 95 95 87

23:00h | Festa rachada & Caldo verde
O Puto Coro do Exército Froilanista
Ronco&foll
Espalda Kemada

SÁBADO, 3 de setembro

11:30 | Feira de colectivos e artesanato.

11:30 | Bilharda
Aberto da Poesia (Liga Nacional de Billarda).

11:30 | Passa-Ruas.
Ronco&foll.

11:30 | Comboio de baixa velocidade

12:00 | Poesia
Abordaxe poética no comboio de baixa velocidade.

13:00 | Presentaçom
As terapias da doutora Ledicia, de Raquel Castro. Ed. Galaxia

13:30 | Sessom vermute
KNeves no Autoblues Chicago-Fornelos. Servizo discrecional
Ronco&foll

17:00 | Festa Infantil
‘Cóxegas’ (busca do tesouro)

17:00 | Audiovisual
Seleçom de curtas do Festival de Cans
Mans Mortas, de Daniel Pérez e Adrián González

18:00 | Teatro
A lingua na boca. Letras, riscos e pensamentos de Castelao, de Limiar Teatro

18:00 | Poesia
Assinatura de livros das poetas participantes.

19:00 | Poesia
Abordaxe poética no campo da festa.

19:00 | Poesia
Antía Otero &Isaac Garabatos

19:30 | Poesia
Xuventude Imbécil

20:30 | Música&Poesia
Apresenta: Xurxo Souto
Leitura do limiar, por Xurxo Martínez

Poesia:
Emma Pedreira
Mário J. Herrero
Rui Spranger
Ana Romaní
Aurora Boreal
Oriana Méndez
Jesús Castro
Manolo Pipas
Lara Dopazo
Antón Blanco

Música:
Zurrumalla
Sokram
Familia Caamagno
DJ Selecta Alice 





Estreámonos no festival XIRONSA de Cambados

OZOCOgz estreámonos no Festival XIRONSA 2016.

Este festival, que vai xa coa súa edición XVI celébrase en Corbillón - Cambados.



Nesta XVI edición o Festival Xironsa contará coas actuacións de:
- PEPE VAAMONDE GRUPO OS MODERNOS XABIER DÍAZ E ADUFEIRAS DA SALITRE - DAKIDARRIA OS MELIDAOS PETER PUNK VENDAVALADA QUINTETO TRADICIONAL CIRCO CHOSCO - AIRES DA COTRA - EICHEDISIR
- Tamén actuarán diferentes grupos da propia Agrupación Xironsa
Haberá sesións vermú e de picadiscos



 









Nesta XVI edición do FESTIVAL XIRONSA, na II FOLIADA XIRONSA do venres 26 de Agosto, abrirá o serán OBRADOIRO VOLANDEIRA, compañeiros nosos de Cambados. Vinde cargados co voso instrumento que logo nos tocará a tod@s os que queiramos participar! 
NON FALTEDES!!!!