Produtos baixo demanda

SERVIZO BAIXO DEMANDA OZOCOgz!!!! 

Camisolas e/ou outras prendas personalizadas para a túa empresa ou evento con toque OZOCOgz. Se queres dar un toque diferente á empresa, se queres facer unhas camisolas para agasallar á clientela ou organizar unha festa, concerto, etc, aquí tes unha solución diferente. Podemos facer o teu deseño baseándonos nalgunha foto, logotipo ou imaxe que prefiras. Podes encargarnos só o deseño ou deseño máis prendas xa rematadas. Consultas a traveso de mensaxe aquí en facebook ou ben por email ozocogz@gmail.com



Á vendas chapiñas ozoqueiras. Un novo produto OZOCOgz

NOVA deste verán!!!!!! 

Xa temos á venda chapiñas ozoqueiras cos nosos deseños. 

De momento tan só á venda dende FB (mensaxe privada) ou alí onde esteamos "dándolle a ozoco País adiante". Todas de diámetro 38 mm e presentadas moi aqueladiñas nun cartonciño decorado co propio deseño e coa coñecida serea de Castelao. Os prezos van dende os 2€ unidade, 5€ por un lote de 3 ou 8€ pola colección completa (5) ou 5 chapas escollidas. 

Botádelle unha ollada!!!




Aumentamos os puntos de venda no Carballiño

Dende agosto temos dous puntos novos de venda no Carballiño sumándose a O Rincón dos Fíos, a fermosa mercería das Galerías Magariños, propiedade de Mari Carmen.

Estas novas tendas son NANDAS, unha tenda de moda situada na Rúa Rosalía de Castro (Rúa Principal), marabillosamente levada por Paloma e PedraPapelTesoira, unha tenda de artesanato e agasallo con cousas fermosísimas, feitas polas súas propietarias e por outros/as artesáns/ás, que está na Praza do San Ramón (detrtás da Igrexa da Veracruz) desta vila ourensá.