Do Carballiño a 50 tamén por Reis

Tralo éxito acadado na campaña do Apalpador, Papa Noel, Noiteboa ou como cada quen estime, imos prolongar esta campaña para Reis.

Emprega sen dubidalo a nosa oferta se queres ter un agasallo do máis orixinal e propio sen custes adicionais.

Se resides a 50 ou menos km de distancia do Carballiño aprovéitate de DO CARBALLIÑO A 50 e servirémosche a túa encomenda a domicilio e sen custes polos portes.

Bótalle un ollo ás instrucións e comproba se te podes ou non beneficiar desta oferta especial para a Noite de Reis.

Non esquezas que o pagamento non o vas facer até non ter o pacote nas túas mans.
Poste en contacto con nós, segundo as instrucións, e xa quedamos contigo para o 5 de xaneiro. Entregamos o pacotiño, fasnos entrega do seu custe sen engadidos por portes e...  a gozar do Día de Reis!!


NEWS CARBA RADIO entrevista a OZOCOgz

Eladino Cabanelas á esquerda e Quico á dereita

Literalmente do facebook de NEWS CARBA RADIO:

"Sexto programa de News Carba Radio. Entrevista a Eladino Cabanelas, creador da marca de deseño galego OZOCOgz, nada no Carballiño. 
Se tes dúbidas sobre que agasallar nestas festas, pensa no comercio local."
Preme para escoitares: ENTREVISTA 

Do Carballiño a 50

Aproveita a nosa oferta especial de Nadal.

Se resides a 50 ou menos km de distancia do Carballiño aproveita a nosa oferta DO CARBALLIÑO A 50 e servirémosche a túa encomenda a domicilio e sen custes polos portes.

Bótalle un ollo ás instrucións e comproba se te podes ou non beneficiar desta oferta especial para Nadal.

preme na imaxe para AGRANDARES

preme na imaxe para AGRANDARES

En liña o novo catálogo navideño de Abertos ao Galego

Velaquí o Catálogo de Nadal de Abertos ao Galego.
Nos tamén estamos, como non podía ser doutro xeito.
Agasalla con produtos nosos, con produtos de xente que ten o País como horizonte. Consume produtos galegos!!!

http://issuu.com/abertosaogalego/docs/catalogo_abertos_2015_hq
preme na imaxe para accederes ao catálogo en liña

Xa temos novo modelo de camisola ozoqueira!!!!

A camisola Made in Galiza, ou o que é o mesmo Feito na Galiza e Feita na Galiza.

Bótalle un ollo ao vídeo para veres de onde xurdíu a idea. Haberá, como novidade, camisolas para bebés de 2 aniños, talle moi demandada entre os nosos clientes.

Nos vindeiros días comezaremos a súa distribución polas diferentes tendas ozoqueiras. Podes consultar a máis achegada ao teu domicilio nesta ligazón: TENDAS





Preparándonos para o CULTURGAL

Estamos xa a prepararnos para o maior evento cultural de Galiza.
Lembra este número: 84. É o número do stand ozoqueiro no CULTURGAL.
Máis unha vez OZOCOgz estaremos con stand no CULTURGAL, na Feira das Industrias Culturais que se celebrará en Pontevedra os vindeiros días 4, 5 e 6 de decembro.
Non deixes de seguirnos aquí, no noso facebook ou no twitter para saber das nosas novidades para este evento cultural. Novas camisolas, agasallos só por visitarnos, agasallos por mercar...
Non o esquezas e marca no teu almanaque estas importantes datas!!!


Novo servizo OZOCOgz

N O V I D A D E !!!!!!!

NOVO SERVIZO OZOCOgz!!!! 

Camisolas e/ou outras prendas personalizadas para a túa empresa ou evento con toque OZOCOgz. Se queres dar un toque diferente á empresa, se queres facer unhas camisolas para agasallar á clientela ou organizar unha festa, concerto, etc, aquí tes unha solución diferente. Podemos facer o teu deseño baseándonos nalgunha foto, logotipo ou imaxe que prefiras. Podes encargarnos só o deseño ou deseño máis prendas xa rematadas. Consultas a traveso de mensaxe aquí en facebook ou ben por email ozocogz@gmail.com



Á vendas chapiñas ozoqueiras. Un novo produto OZOCOgz

NOVA deste verán!!!!!! 

Xa temos á venda chapiñas ozoqueiras cos nosos deseños. 

De momento tan só á venda dende FB (mensaxe privada) ou alí onde esteamos "dándolle a ozoco País adiante". Todas de diámetro 38 mm e presentadas moi aqueladiñas nun cartonciño decorado co propio deseño e coa coñecida serea de Castelao. Os prezos van dende os 2€ unidade, 5€ por un lote de 3 ou 8€ pola colección completa (5) ou 5 chapas escollidas. 

Botádelle unha ollada!!!




Aumentamos os puntos de venda no Carballiño

Dende agosto temos dous puntos novos de venda no Carballiño sumándose a O Rincón dos Fíos, a fermosa mercería das Galerías Magariños, propiedade de Mari Carmen.

Estas novas tendas son NANDAS, unha tenda de moda situada na Rúa Rosalía de Castro (Rúa Principal), marabillosamente levada por Paloma e PedraPapelTesoira, unha tenda de artesanato e agasallo con cousas fermosísimas, feitas polas súas propietarias e por outros/as artesáns/ás, que está na Praza do San Ramón (detrtás da Igrexa da Veracruz) desta vila ourensá.




Segue o verán e nós seguimos ozoqueando

Máis citas inexcusábeis se queredes gabarvos de levar as camisolas máis orixinais.

Velaí vai a última relación de visitas ozoqueiras:










Preparando o camiño ozoqueiro deste verán

Xa temos confirmadas as seguintes estadías ozoqueiras para este super quente verán.
Festigal en Compostela, Festival de Pardiñas en Guitiriz, Festival do Castro en Pantón e o Etnoeume na Capela.
Haberá máis. Seguiremos informándovos!!!
Non deixedes de visitarnos!!!



ALIVIO, relato gañador da 3ª edición do Concurso de micro-relatos

O Carballiño, 21 de xuño de 2015 

Unha vez comprobadas e feita unha media coas puntuacións do xurado composto por as librarías Andel de Vigo, Escolma do Carballiño, Miranda de Bueu, Pedreira de Compostela, Suévia da Coruña e Vagalume de Lalín, xunto coa escritora María Reimóndez, e os escritores Xabier P. Docampo, Antón Riveiro Coello e Pedro Rielo, o relato gañador da 3ª edición do concurso de micro-relatos OZOCOgz foi “ALIVIO”, de José Manuel Vázquez Lorenzo, quen se presentou ao concurso baixo o seudónimo Mateolesmes

Parabéns ao gañador!!!! 

A entrega do premio farémola o vindeiro domingo 28 de xuño, a partires das 18:00 horas no Hotel Rústico Aldea Figueiredo, pertencente ao concello ourensán do San Amaro. 

*** 



ALIVIO, por Mateolesmes (José Manuel Vázquez Lorenzo)

Á tía Carme, que nunca fora máis aló de Noia nin pasara de Padrón, xamais se lle borrou do sentido aquela viaxe, inesquecible por interminable, que fixo a Vigo para despedir ao seu home, que marchaba para América. 
No máis fondo dos miúdos quedoulle espetado para sempre o mareo que a tirou na cuberta do vapor que os levou do Bodión ata Vilagarcía, onde colleron o tren para Vigo. 
Mimadriña! Que ghrande é Vigho!, pasmábase a tía Carme camiño da estación marítima. 
No peirao, mentres agardaban por embarcar preguntou, 
E logho aquelo que se ve é América? 
Non, oh, América é lonxe quinindiós, non se ve desde aquí; iso de aí élle Cangas, contestoulle un rapaz que agarraba dunha maleta. 
Aaah!, suspirou aliviada a tía Carme ao constatar que de América non se volvía así como así.

OZOCOgz no RE-ALIMÉNTATE Lalín 2015

Re-Aliméntate Lalín. Do 12 ao 14 de xuño, a carón da Praza de Abastos.
As xornadas culinarias Realiméntate dan "o paso natural" e saen dos fogóns e do mercado á rúa buscando a implicación de colectivos e da veciñanza.
O último día, o domingo 14 de xuño haberá un mercado con produtos de alta calidade, todo feito na Galiza, onde nos poderedes atopar promocionando os noso deseños ozoqueiros.

Máis información na seguinte ligazón: RE-ALIMÉNTATE



OZOCOgz no II Tangaraño Cultural de Sobradelo



A localidade de Sobradelo, Xunqueira de Ambia, acolle a celebración do II Tangaraño Cultural 2014, que terá lugar os días 30 e 31 de maio.
O programa previsto é o seguinte:
Sábado, día 30 de maio
  • 12.00. Apertura do II Tangaraño co gaiteiro Javier, do Mercado e a inauuración da obra Ao vento, de Xosé Rivada. 
  • 12.15. Presentación da revista Eclipse. 
  • De 13.00 a 14.00. Dúo Musical Pardedous. 
  • De 14.00 a 15.30. Xantar. 
  • De 15.30 a 16.30. Green Label dende Asturias con cacnións populares. 
  • De 16.30 a 16.45. Recital poético Adela Figueiroa, Rafael Mojón e Ánxela C.
  • De 16.45 a 17.30. O Bardo Abelardo con contos e música para os rapaces. 
  • De 17.00 a 18.00. Obradoiro de pintura impartido por Moncho Baraceiro. 
  • De 18.00 a 18.15. Recital poeético de Cruz Martínez, Rosanegra e Alexandre Insua. 
  • De 18.15 a 19.00. Actuación musical de Daniel Soldevilla. 
  • De 19.00 a 19.15. Recital poético de Verónica Martínez e Alberte Momán.
  • De 19.15 a 20.00. Actuación musical do cantautor Nacho Martínez.
  • De 20.00 a 20.30. Recital poético de Horácio Vilhar, Rochi Nóvoa e Nolim González.
  • De 20.30 a 21.15. Descanso para pinchos e proxección fotográfica do I Tangaraño. 
  • De 21.15 a 21.45. Homenaxe ao Tangaraño coa celebración ao redor da obra de Rivada e queima de poesías, meigallos, malas herbas e cada quen o que queira.
  • De 21.45 a 22.30. Actuación musical de En Blanco y Negra. 
  • 22.30. Até fin de festa Jam Musical Aberta, queimada e festa rachada. 
Domingo, día 31 de maio 
  • 12.00 a 12.15. Apertura do Mercado con gaiteiro.
  • De 12.15 a 12.45. Presentación do libro (No) Maio (do) Oriente.
  • De 12.30 a 14.00. Jam Musical Resistente.
  • 13.00. Xantar e Tangarañazo final até que o corpo faga voltar a casa (previa labores de limpeza e recollida solidaria). 

Haberá zona de acampada libre e non faltará a música e o bo ambiente.

O 17 de Maio, o Día das Letras Galegas, OZOCOgz visita Culleredo

O vindeiro 17 de Maio estaremos en Culleredo na Feira das Letras organizada por ese concello. Se és de Culleredo ou de perto non deixes de facernos unha visita. Agardámoste!
Haberá gaiteiros, maxia e, para as crianzas, obradoiros infantís.

 

3 de maio. Día da Nai


Para as mamás reivindicativas, "enrrolladas", xenerosas, combatentes... as camisolas da colección "Éche o Normal". Á venda online (tendas en facebook ou aquí mesmo) ou en calquera das tendas ozoqueiras.

Vas agasallar co de sempre e ficar mal, ou prefires ser orixinal?
Pénsao, a segunda opción custa só 15€ 







Voltamos a Bouzas!

O vindeiro domingo 19 poderás mercar as cousiñas máis ozoqueiras do País no noso stand do Feirón do Bouzas. Non deixes de visitarnos e coñecer o que facemos en persoa.


3º Concurso micro-relatos OZOCOgz

Afía o lápis, enche o tinteiro ou exercita os dedos do teclado, e sobre todo dalle á cabesiña porque o concurso de micro-relatos máis ozoqueiro do mundo ponse a andar. Se tés ganas de pasar unha magnífica noite nun Hotel Rústico este é o concurso que debes gañar. Anímate e participa!!! Agradecemos a súa difusión.

Bases para LECTURA

Bases para DESCARGA


Seguinte visita ozoqueira: II Cantos de Taberna na Estrada

Na Estrada, o vindeiro 28 de marzo vai ter lugar a segunda edición do certame Cantos de Taberna, que se desenvolve en diversos establecementos hosteleiros da localidade.

Será a partires das 18.30 horas e participarán unha dúcia de grupos. Gharatuxa Gaiteiros (Santiago), Media Leva (Meis), Maravallada (Pontevedra), Muiñeiros de Sarela (Santiago), O Ghusto do Boi (Lestedo), Os Ke Hai (Callobre), Os Saljariteiros (Marín), Pana Raiada (Santiago), Punk-Dereteiras (Chantada), Retrouso e Recanto (Ouzande), Reviravolta (O Pino) e Son das Ondas (Pontevedra).

Durante o día haberá pasarrúas dende as 13.45 horas. Desenvolverase entre a Praza da Constitución e a Praza de Galicia. Paralelamente haberá unha mostra de artesanía durante toda a xornada na Zona dos Viños, e aquí é onde nos poderás aopar a nós. Anímate e fainos unha visita; se a maiores nos mercas a visita será completa ;).

Día do Pai. Queres ser orixinal?


Logo chega o Día do Pai. O 19 de marzo xa está aquí.


Non deixes que che se bote enrriba a data e ti sen ter o agasallo que el se merece. En OZOCOgz temos esa sorpresa que convertirá o teu regalo no máis orixinal.


Consulta a nosa tenda online e fai a túa encomenda a tempo.


Se teu pai é reivindicativo, leva o País sempre como bandeira, defende a lingua alí onde estea, este é o agasallo que merece. Non o dubides!!!


E para facilitarche as cousas podes tamén regalarlle os VALES que acompañan este texto, son VALES por regaliños que tamén che vai agradecer, sobre todo se van acompañados dunha camisola ozoqueira.


Feliz Día do Pai!!







Próxima cita ozoqueira. Mercado da Chuvia do 14 de marzo

Como poñemos sempre nas promocións das nosas saídas: Seguimos dándolle ao zoco País adiante.
O vindeiro sábado 14 de marzo na Área Central de Compostela podes botar un ollo "in situ" aos produtos máis ozoqueiros do mercado mundial.
Aproveita, fainos unha visita e merca un magnífico agasallo para o Día do Pai.


Acaba o Nadal e xa está aquí o Entroido!!!



Acaba o Nadal e xa está aquí o Entroido!!!
Se dos primeiros, sé das primeiras en reivindicar o Entroido tradicinal, o Entroido rural galego. Se es dos ou das que pasa de Carnaval porque o teu é o Entroido, esta é a túa camisola oficial.

O resultado da unión do amor polo noso Entroido xunto co noso zoco particular é a nosa nova camisola ozoqueira, a camisola do Entroido!!!!




Se queres pedir algún produto deste deseño, pásate polo apartado de pedidos, onde che explicamos cómo facernos chegar a túa encomenda.

--------------------------------------------------------------------------------------------------------------------------


CAMISOLA ENTROIDO, modelo unisex.
Cores: nogueira azul royal.
Talles S, M, L, XL e XXL.
Prezo: 15 euros.


CAMISOLA ENTROIDO, modelo moza.
Cores chocolate e vermella.  
Talles S, M, L, XLe XXL. 
Prezo: 15 euros.