OZOCOgz segue a percorrer País!

Este domingo podedes atoparnos en Bouzas (Vigo). Achegádevos ata alí. Unha enchente de cousas interesantes!



1º Concurso Infantil DECORA O TEU OZOCO

Había tempo que queriamos e, por fin, sacamos o tempo para facelo.
Velaquí o primeiro concurso infantil de OZOCOgz, DECORA O TEU OZOCO
Xestionarase dende a nosa páxina de facebook OZOCOgz e tenta espertar a creatividade das nosas crianzas. Quen sabe, quizais atopemos novos deseñadores ou deseñadoras para o futuro de OZOCOgz.

Nas seguintes ligazóns atoparedes as bases e a lámina base sobre a que deben traballar os nenos e nenas partcipantes:

BASES CONCURSO


Agardamos impacientes aos/ás participantes.