Un paso adiante e outro adiante, Galiza

A Plataforma Queremos Galego ven de anunciar os actos que co gallo do Día das Letras Galegas van convocar para máis unha vez reivindicar unha situación de normalidade para a nosa lingua.

Baixo o lema Un paso adiante e outro adiante, Galiza, desta volta modifícase o formato de acto, e farase a xeito de mobilización expansiva, realizando mobilizacións ás 12 h do 17 de maio nas sete cidades e en Foz. Os lugares concretos de cada acto serán anunciados na páxina web de Queremos Galego.

Nin que dicir ten que OZOCOgz participará nesta mobilización expansiva, porque para nós o galego é o noso sinal de identidade e pensamos que hai que defendelo dos ataques e poñelo en valor como patrimonio riquísimo de todos os galegos e galegas.

Alí estaremos! Queremos Galego!