Camisola da Buxaina á venda!

Desde xa! podedes mercar a nova camisola do modelo BUXAINA, da serie "éche o normal" tanto na nosa web, como na páxina de facebook, como nos diversos espazos de venda colaboradores que temos espallados polo país, e que non paran de medrar. Como os demais modelos da serie "éche o normal", o prezo de venda é de 15 euros.

O modelo BUXAINA quere facer unha homenaxe ao xeito de xogar tradicional, aos brinquedos e xoguetes de toda a vida, que nunca pasarán de moda, e que tod@s lembramos con cariño. Temos que dicir que as persoas que formamos OZOCOgz xa estamos a practicar cos peóns outra vez, desde nen@s que non xogabamos!

Lembrade connosco este divertido enredo e, se vos parece, mercade unha camisola BUXAINA para fachendear con el no peito!



Estamos de aniversario!

Hoxe hai un ano botaba a andar formalmente esta aventura que é OZOCOgz. Unha empresa pequena, feita desde a ilusión e as ganas de alegrar o mundo desde unha perspectiva galega, moi galega.
Desde entón coñecimos moita xente, vendimos camisolas, sacamos novos deseños, organizamos pequenos concursos e eventos culturais... moi gratificante todo, si. Só por iso xa pagou a pena chegar até aquí. Mais queremos seguir!

Moitísimas grazas a todas as persoas que fixeron posíbel este aniversario, de entrada agradecémonos mutuamente as persoas que formamos OZOCOgz aquela primeira proba e o que veu despois, mais tamén queremos agradecer ás tendas colaboradoras que se animaran a facer este camiño connosco. A súa axuda e o seu ánimo é fundamental tamén para esta empresa.

Finalmente, queremos mandarlle un GRAZAS enorme a todas as persoas que nos teñen apoiado, suxerindo novas ideas, visitando a páxina web ou os perfís das redes sociais, interaccionando connosco nas festas e eventos onde participamos e, como non, mercando os nosos produtos. Sen vós non sería posíbel.

Como se di neste noso marabilloso País: De hoxe nun ano!