Libraría Andel: nova tenda colaboradora de OZOCOgz

Unha nova tenda, agora en Vigo, ven de sumarse á comunidade zoqueira. A Libraría Andel dispón xa entre a súa oferta dos produtos de OZOCOgz. Ademais das súas boas suxestións de libro galego e portugués, agora tamén camisolas zoqueiras!

A tenda zoqueira en Vigo está situada na Avenida das Camelias, nº 102.


Un grande espazo para a cultura galega, unha libraría de ampla experiencia en libro galego e portugés, e agora un punto de venda das nosas camisolas. Se es de Vigo ou arredores xa tés un punto próximo onde mercares produtos de OZOCOgz, e, de paso, deixarte aconsellar e levar un bo libro para a casa.

Extra! Extra! O novo deseño de OZOCOgz xa está aquí!

Aquí está, este rato preséntanos moi ledo o que é o novo deseño das camisolas de OZOCOgz, proximamente á venda a través da web, do facebook e nas tendas colaboradoras habituais.

Polo San Martiño... peóns ao camiño!!!

O modelo BUXAINA da nosa colección "Éche o normal", porque normal é, ou debería ser, xogar tamén aos xogos ou enredos tradicionais.




Outra tenda que se une á comunidade zoqueira: Pulgarín en Padrón.

Unha nova tenda, desta volta en Padrón, ven de sumarse á comunidade zoqueira. Este comercio onde se poden atopar todo tipo de obxectos para nen@s, desde brinquedos e xoguetes, agasallos, complementos, roupa... conta desde xa coas camisolas para nen@s de OZOCOgz.


Pulgarín atópase en pleno casco histórico de Padrón, no número 38 da Rúa Longa, moi pertiño do mercado dominical, polo que ademais conta con amplo horario de vendas, que inclúen a apertura en domingo. Bea, a dona do comercio, atenderavos sempre cun sorriso e con toda a súa amabilidade, poderedes mercar desde un crebacabezas ata unha mochila co personaxe favorito da vosa crianza, e a partir de agora tamén unha das nosas camisolas zoqueiras, as do Matraquinho para pícar@s!


Pulgarín, en Padrón, Rúa Longa, nº 38. Telf. 687 683 238. Non deixedes de pasar!!!

Nova tenda zoqueira: Vide, Vide!

Desde hoxe mesmo podedes atopar as nosas camisolas no Espazo Enocultural Vide, Vide! en Santiago de Compostela. Trátase dun estabelecemento cuxo eixo principal é o viño galego, en todas as súas variedades e denominacións de orixe, mais non só. A oferta deste agradábel tenda inclúe delicias gourmet, produtos relacionados coa viticultura, libros e tamén oferta cultural. Ademais diso, programan frecuentemente diversas actividades como catas, cursos ou exposicións. E desde hoxe, podedes atopar alí as camisolas de OZOCOgz!!!

Non dubidedes en achegarvos por Vide, Vide! Aprenderedes moito sobre os nosos viños, sobre o xeito de facelos, poderedes degustar, preguntar e observar. E se tendes dúbidas, podedes comentalas con Xosé ou Martiño, que volas aclararán gustosos.


Vide, Vide! Espazo Enocultural atópase no número 10 da Rúa Fonte de Santo Antonio de Santiago de Compostela, moi pertiño da porta de Mazarelos. Tamén podedes contactar con eles neste número de teléfono:  981 58 29 11 ou ben no enderezo electrónico info@videvide.net  Ademais moi pronto terán en marcha a páxina web www.videvide.net  Polo momento, se sodes de navegar pola rede, buscádeos no seu perfil de facebook: https://www.facebook.com/espazovidevide

Novidades zoqueiras!

Atención, está a piques de sair do forno un novo modelo de camisolas zoqueiras. Que con qué deseño? O misterio será desvelado en breve. Seguide atent@s ás informacións puntuais... Polo momento, aí vai unha pistiña: