OZOCOgz no Festival da Poesía do Condado!

Este ano tamén, estaremos no Festival da Poesía do Condado, na súa XXVII edición, esta sexta feira e sábado, 30 e 31 de agosto, respectivamente. Alí poderedes atopar produtos de OZOCOgz, e poderemos parolar mentres escoitamos algún ou algunha dos artistas que participarán neste Festival, escoitar poesía, botar unha ollada á artesanía exposta... e mercar a camisola do zoco!!!

Ademais este ano estaremos acompañadísim@s pola xente da Porta Verde do Sétimo Andar, un colectivo poético-cultural moi activo na promoción da lingua e literatura galegas, cos que compartiremos espazo no Festival, así que co mesmo croio podedes acadar un bo libro e unha camisola zoqueira! Qué vos parece? Pois non deixedes de pasarvos por Salvaterra de Miño esta fin de semana.


Unha nova tenda zoqueira! Desta volta en Arteixo!

A Libraría Á Lus do Candil, de Arteixo, ven de sumarse ao elenco de tendas zoqueiras. Desde xa podedes atopar os nosos produtos neste feliz establecemento, cargado de libros e eventos culturais e onde sempre vos recibiran cun sorriso ben grande.

A Libraría Á Lus do Candil atópase na Rúa Historiador Vedía, no baixo do número 3 desta rúa de Arteixo. Non dubidedes en pasarvos para botar un ollo ás novidades e á chea de libros que podedes atopar na casa de Modesto e Alba. E se vos parece, mercade algunha camisola zoqueira!


OZOCOgz no Novo Cruceiro Rock!

Esta sexta feira día 9 de agosto terá lugar unha nova edición do Novo Cruceiro Rock, en Vila de Cruces. Un programa variado e entretido: obradoiro de circo desde as 18 h, pasacalles pola vila, e un concertazo cos grupos Desequilibrio Mental, Avante, Medomedá e Jonh Deeres.

Alí estaremos tamén OZOCOgz cun pequeno stand onde vos ofertaremos os nosos produtos, poderedes coñecelos, e, de vos conveceren, mercar o que vos apeteza. Non dubidedes en pasarvos inda que só sexa a nos saudar!