Nova tenda zoqueira: Vide, Vide!

Desde hoxe mesmo podedes atopar as nosas camisolas no Espazo Enocultural Vide, Vide! en Santiago de Compostela. Trátase dun estabelecemento cuxo eixo principal é o viño galego, en todas as súas variedades e denominacións de orixe, mais non só. A oferta deste agradábel tenda inclúe delicias gourmet, produtos relacionados coa viticultura, libros e tamén oferta cultural. Ademais diso, programan frecuentemente diversas actividades como catas, cursos ou exposicións. E desde hoxe, podedes atopar alí as camisolas de OZOCOgz!!!

Non dubidedes en achegarvos por Vide, Vide! Aprenderedes moito sobre os nosos viños, sobre o xeito de facelos, poderedes degustar, preguntar e observar. E se tendes dúbidas, podedes comentalas con Xosé ou Martiño, que volas aclararán gustosos.


Vide, Vide! Espazo Enocultural atópase no número 10 da Rúa Fonte de Santo Antonio de Santiago de Compostela, moi pertiño da porta de Mazarelos. Tamén podedes contactar con eles neste número de teléfono:  981 58 29 11 ou ben no enderezo electrónico info@videvide.net  Ademais moi pronto terán en marcha a páxina web www.videvide.net  Polo momento, se sodes de navegar pola rede, buscádeos no seu perfil de facebook: https://www.facebook.com/espazovidevide