Unha nova tenda colaboradora de OZOCOgz, desta volta en Compostela!


Seguimos ampliando a nosa rede de tendas colaboradoras, intentando achegar os nosos produtos a onde ti te atopas. Desta volta será en Compostela, en plena cidade histórica, onde poderedes atopar camisolas de OZOCOgz nunha tenda con moitísimo encanto. Trátase da tenda De Cotío, onde venden diversidade de produtos de artesanía, pezas de roupa tradicional, agasallos orixinais e divertidos, música, libros e moito máis. E agora tamén os nosos produtos!

Podedes visitar a súa web e a páxina de Facebook de De Cotío, pero se queredes perdervos entre a súa ampla oferta e atopar aquelo que buscades teredes que visitar o seu local, que se atopa na compostelá rúa Xelmírez, no baixo do número 26. O seu telf: 981 560 796

Buscade os nosos produtos en De Cotío!




O agasallo do Apalpador para @s seguidor@s de OZOCOgz

Chegou o Apalpador á nosa web e quixo facernos un agasallo que puidésemos nós regalar ás persoas que nos seguen, en especial a aquelas máis cativeiras da casa.

Aquí vai unha lámina que podedes imprimir e recortar para pasar un bo anaco de divertimento vestindo á nosa nena zoqueira.


Un Nadal de agasallos galegos!


Qué vos parece a nosa Apalpadora particular?

A nena de OZOCOgz prestouse a se vestir de Apalpadora ou Pandigueira porque cómpre encher de humor e boas intencións este mundo no que, por desgraza, priman envexas, xenreiras e egoísmos. 

OZOCOgz deséxavos unhas boas festas. Intentade sacarlles partido e tende sempre presente esa máxima tan galega: NUNCA CHOVEU QUE NON ESCAMPARA.

E... se segue a chover, un bo paraugas, que tamén somos Terra de paragüeiros, non si?




Está próxima a visita do Apalpador (ou da Apalpadora, coma a nosa nena) e como sabedes, o Apalpador é un bo amigo noso (visitounos no noso stand do Culturgal), así que queremos botarlle unha man á hora de escoller os agasallos para estas datas. Agasallos galegos. Para iso, recomendámoslle o fantástico catálogo de Abertos ao Galego, onde se poden atopar diversos produtos cunha liña clara: o emprego e defensa do noso idioma. E, como non podía ser doutro xeito, recomendamos os produtos que aparecen na páxina 12 dese catálogo, os produtos de OZOCOgz.

Apalpador, sabes onde podes atopar os nosos produtos, non? Por se andas algo despistado, lembrámoscho a seguir: 

Como faceres o teu PEDIDO?

Polo de agora, dúas sinxelas opcións:
1. Un correo electrónico a ozocogz@gmail.com
2. Unha mensaxe privada na nosa páxina do facebook

En calquera dos dous casos, xunto co teu pedido, indícanos o enderezo postal, un enderezo de correo electrónico e un teléfono onde poidamos comunicarnos persoalmente contigo (non te preocupes, o segredo dos teus datos está garantido). O noso desexo é facerche chegar o material do xeito máis económico e seguro posible (contemplando tamén, sempre e cando se poida, a entrega en man).

Lembra que se mercas dúas ou máis camisolas, agasallarémosche coa bolsa de OZOCOgz, de tea con asas longas e co noso logo impreso. De quereres, tamén podes mercala de xeito independente por 2 euros.

Tamén podes mercar na nosa rede de puntos de venda en tendas colaboradoras, ubicada polo de agora en:

OURENSE
* VILA PINGÜÍN. Rúa Triunfo, 1, esquina Colón (Trala Casa do Concello)
email: vilapinguin@vilapinguin.com / Tfno. 988 232 206

ALLARIZ:
*A TULLA. Rúa Castelao, sen número
email: ana@atulla.com / 988 440 103

RIVADAVIA:
* FLORAVIA. Praza do San Xoán
email: floravia@gmail.com

CAMBADOS:
* CINEMA VIDEO. Avda. de Galiza, 39, baixo.

A CORUÑA:
* LIVRARIA SUÉVIA. Rúa Vila de Negreira, 32, baixo.
email: livros.gz@gmail.com / Tfno: 981 907 638

O CARBALLIÑO:
* O RINCÓN DOS FÍOS. Rúa Tomás Mosquera, Galería Magariños, 10 - local G
email: orincondosfios@hotmail.com / Tfno: 677 164 293 

Xa temos gañadora do 1º concurso semanal de OZOCOgz



Si, amigas e amigos, por fin chegou o agardado día en que se proclamou a persoa gañadora do 1º concurso semanal de OZOCOgz. A persoa que máis preguntas semanais acertou. A constancia e a sabedoría fixeron de Sonia Méndez a receptora do premio dunha camisola do Matraquinho.


Estade atent@s porque dentro de pouco anunciaremos novas actividades de participación con premios á vista. Mentres tanto, Sonia, que goces do teu agasallo. E @s demais, xa sabedes que podedes tamén lucir unha preciosa camisola do Matraquinho, só tendes que mercala na nosa sección de pedidos ou nunha das nosas tendas colaboradoras. Saúde!

Nova tenda colaboradora: O Rincón dos Fíos, no Carballiño

A nosa rede de tendas colaboradoras non para de medrar. Desta volta, un novo punto de venda no Carballiño.

O Rincón dos Fíos é unha coqueta tenda no centro da vila do Arenteiro onde poderedes atopar, entre outras cousas, fermosas pezas de roupa, algo de artesanía e tamén os produtos de OZOCOgz, claro.

Podedes atopar este establecemento na Rúa Tomás Mosquera, Galería Magariños, 10, no local G. Para contactar, o seu teléfono é o 677 169 293 e o seu enderezo de correo electrónico orincondosfios@hotmail.com. Tamén podedes facervos seguidor@s no seu facebook.


Non deixedes de buscar os nosos produtos en calquera da nosa rede de tendas colaboradoras. Mirade na área de pedidos onde tendes a tenda máis próxima.

Novos produtos e unha nova tenda onde mercalos

Os novos produtos de OZOCOgz

Na pasada edición do Culturgal, onde OZOCOgz estivo presente cun stand cargado de deseño galego e moitas sorpresas, sairon á venda dous novos produtos da nosa casa.

O primeiro deles, unha edición de camisolas de manga longa, da serie Humor B&N, con dous modelos distintos, baseados nos grandes clásicos do humor en branco e negro Charles Chaplin e os Irmáns Marx. Tivo esta nova camisola unha grande acollida entre @s visitantes do Culturgal, e agardamos que tamén así sexa para aquelas persoas que visitades a nosa web ou os nosos espazos nas redes sociais.

Outro dos novos produtos foi a bolsa de OZOCOgz, que agasallamos a quen merque dúas camisolas ou máis e que de non ser así pódese mercar por un módico prezo de 2 euriños.



Unha nova tenda colaboradora: Livraria Suévia

Desde o vindeiro día 17 de decembro, contaremos na cidade da Coruña cunha nova tenda colaboradora que nos seus andeis disporá de produtos de OZOCOgz. A Livraria Suévia abrirá as súas portas ese día na rúa Vila de Negreira da cidade herculina, e contará non só cunha ampla oferta de libro galego e portugués, actividades culturais e algunha que outra sorpresa, como os primeiros xogos educativos en galego, mais tamén co deseño galego de OZOCOgz.

Non dubidedes en visitar o novo epicentro da literatura e da cultura na Coruña!



300 seguidor@s en Facebook!



Vimos de acadar na nosa páxina de Facebook @s 300 seguidor@s e estamos ben contentes. Para unha empresa coma a nosa, nova, que bota a andar nunha época complicada, o feito de que 300 persoas en tan pouco tempo premeran no "gústame" desa rede social é toda unha ledicia. Sobre todo porque significa que as nosas propostas gustan. Mais tamén porque medran as nosas amizades, porque podemos comunicar e facer chegar a esas 300 persoas as nosas inquedanzas e as nosas ideas.

Intentamos que a nosa páxina de Facebook sexa dinámica. Que se poida interactuar. Cada día lanzamos unha proposta nova, unha lembranza, unha chiscadela. Diariamente publicamos un recordatorio da efeméride dese día, algún feito destacado ou que a nós nos parece destacable que sucedera no mesmo día dalgún outro ano xa pasado. Tamén temos en marcha o noso concurso semanal, co que unha das nosas camisolas do Matraquinho será para aquela persoa que acerte máis preguntas. E tamén, claro está, hai un espazo para aquelas persoas que mercan algún dos nosos produtos e nos envían unha fotiño con el. Encántanos recibir novas imaxes de xente que coñecemos, ou que non coñecemos, mais á que une un produto da marca OZOCOgz. E mesmo desde distintas partes do mundo!

Animádevos e participade no noso Facebook. Encántanos ter chegado aos 300 "gústame". Mais estaremos inda máis led@s de chegar aos 400, ou aos 500...

E non esquenzades as outras redes sociais, nas que tamén participamos activamente: Twitter, Cabozo, Latri.ca, Google+

Qué é OZOCOgz?

OZOCOgz quer ofrecer un deseño orixinal e diferente. De onde xorde a idea? OZOCOgz nace após unha primeira experiencia na que o sinxelo afán de sacar uns cartiños extra, nos levou a deseñar a nosa primeira camisola para vendela entre amizades e familiares. O éxito foi tal que deu lugar, non só a pensar en montar unha tenda senón, a crear a nosa primeira liña de produtos baixo o lema "Éche o normal".

Ao tempo que xorde a idea da tenda, xorde o nome da empresa baseado tamén nese primeiro deseño cun zoco, tamanca, chanca, galocho ou como lle chamen na túa zona. Por iso OZOCOgz pretende ser un nome que abranga a identidade galega da empresa máis o espírito comercial da actividade aténdonos ao significado que a palabra zoco ten no mundo árabe.



OZOCOgz quer ser sinónimo de calidade e para iso, á par das características do noso deseño, ofertámosche tamén a nosa seriedade garantindo o cambio do produto no caso de deterioro en orixe ou a devolución do mesmo no caso de non ficares satisfeito/a, sempre e cando non exceda de 15 días dende a saída do material do noso almacén. Todos os produtos son revisados e manipulados por OZOCOgz dende que chega un pedido até o momento no que facemos entrega á empresa transportista.


Bota unha ollada ás nosas suxestións e, de che gustaren e apeteceren, non dubides en facer o teu pedido.