OZOCOgz no Castañazo Rock!

Esta fin de semana, o sábado día 3, celébrase en Chantada a décima edición do Castañazo Rock na súa segunda etapa. E OZOCOgz estará alí, ofrecendo os seus produtos e gozando dun concerto que promete ser memorable: reunir a Diplomáticos, Papaqueixos e Rastreros outra vez, e xuntalos cos Cuchufellos e Liviao de marrao asegura festa!

Mais por se isto fora pouco, haberá tamén actividades lúdico-culturais polo día adiante, botade un ollo ao programa do día na web do festival: http://castanhazo.com

E non esquezades pasar polo noso posto de venda. Non é obrigatorio mercar, podedes simplemente botar un ollo e dar algo de charla, mais se mercades algo porque vos gusta, nós encatand@s!



OZOCOgz

OZOCOgz quer ofrecer un deseño orixinal e diferente. De onde xorde a idea? OZOCOgz nace após unha primeira experiencia na que o sinxelo afán de sacar uns cartiños extra, nos levou a deseñar a nosa primeira camisola para vendela entre amizades e familiares. O éxito foi tal que deu lugar, non só a pensar en montar unha tenda senón, a crear a nosa primeira liña de produtos baixo o lema "Éche o normal".

Ao tempo que xorde a idea da tenda, xorde o nome da empresa baseado tamén nese primeiro deseño cun zoco, tamanca, chanca, galocho ou como lle chamen na túa zona. Por iso OZOCOgz pretende ser un nome que abranga a identidade galega da empresa máis o espírito comercial da actividade aténdonos ao significado que a palabra zoco ten no mundo árabe.



OZOCOgz quer ser sinónimo de calidade e para iso, á par das características do noso deseño, ofertámosche tamén a nosa seriedade garantindo o cambio do produto no caso de deterioro en orixe ou a devolución do mesmo no caso de non ficares satisfeito/a, sempre e cando non exceda de 15 días dende a saída do material do noso almacén. Todos os produtos son revisados e manipulados por OZOCOgz dende que chega un pedido até o momento no que facemos entrega á empresa transportista.


Bota unha ollada ás nosas suxestións e, de che gustaren e apeteceren, non dubides en facer o teu pedido.

En construción


Estamos construindo o noso trinque. Agárdanos un chisquiño, que logo habemos estar contigo!