Novos produtos e unha nova tenda onde mercalos

Os novos produtos de OZOCOgz

Na pasada edición do Culturgal, onde OZOCOgz estivo presente cun stand cargado de deseño galego e moitas sorpresas, sairon á venda dous novos produtos da nosa casa.

O primeiro deles, unha edición de camisolas de manga longa, da serie Humor B&N, con dous modelos distintos, baseados nos grandes clásicos do humor en branco e negro Charles Chaplin e os Irmáns Marx. Tivo esta nova camisola unha grande acollida entre @s visitantes do Culturgal, e agardamos que tamén así sexa para aquelas persoas que visitades a nosa web ou os nosos espazos nas redes sociais.

Outro dos novos produtos foi a bolsa de OZOCOgz, que agasallamos a quen merque dúas camisolas ou máis e que de non ser así pódese mercar por un módico prezo de 2 euriños.



Unha nova tenda colaboradora: Livraria Suévia

Desde o vindeiro día 17 de decembro, contaremos na cidade da Coruña cunha nova tenda colaboradora que nos seus andeis disporá de produtos de OZOCOgz. A Livraria Suévia abrirá as súas portas ese día na rúa Vila de Negreira da cidade herculina, e contará non só cunha ampla oferta de libro galego e portugués, actividades culturais e algunha que outra sorpresa, como os primeiros xogos educativos en galego, mais tamén co deseño galego de OZOCOgz.

Non dubidedes en visitar o novo epicentro da literatura e da cultura na Coruña!