300 seguidor@s en Facebook!



Vimos de acadar na nosa páxina de Facebook @s 300 seguidor@s e estamos ben contentes. Para unha empresa coma a nosa, nova, que bota a andar nunha época complicada, o feito de que 300 persoas en tan pouco tempo premeran no "gústame" desa rede social é toda unha ledicia. Sobre todo porque significa que as nosas propostas gustan. Mais tamén porque medran as nosas amizades, porque podemos comunicar e facer chegar a esas 300 persoas as nosas inquedanzas e as nosas ideas.

Intentamos que a nosa páxina de Facebook sexa dinámica. Que se poida interactuar. Cada día lanzamos unha proposta nova, unha lembranza, unha chiscadela. Diariamente publicamos un recordatorio da efeméride dese día, algún feito destacado ou que a nós nos parece destacable que sucedera no mesmo día dalgún outro ano xa pasado. Tamén temos en marcha o noso concurso semanal, co que unha das nosas camisolas do Matraquinho será para aquela persoa que acerte máis preguntas. E tamén, claro está, hai un espazo para aquelas persoas que mercan algún dos nosos produtos e nos envían unha fotiño con el. Encántanos recibir novas imaxes de xente que coñecemos, ou que non coñecemos, mais á que une un produto da marca OZOCOgz. E mesmo desde distintas partes do mundo!

Animádevos e participade no noso Facebook. Encántanos ter chegado aos 300 "gústame". Mais estaremos inda máis led@s de chegar aos 400, ou aos 500...

E non esquenzades as outras redes sociais, nas que tamén participamos activamente: Twitter, Cabozo, Latri.ca, Google+