Vindeiros "bolos" de OZOCOgz na Xira 2017

Narón, Muimenta e O Pereiro de Aguiar son os lugares onde OZOCOgz vai estar presente en vindeiras xornadas.

Todo son eventos onde o esforzo, a vontade e a ilusión dos seus/súas organizadores/as en cambiar as cousas para ben ten a súa parte fundamental. Parabéns a todos e todas eles polo seu traballo e xenerosidade 💕.


O sábado 27 de maio, no CPI do Feal , de Narón desenvolverase a XI edición do Encontro Escolar de Xogos Tradicionais, organizado por Brinquedia, coa colaboración dun gran número de asociacións que traballan día a día pola recuperación e consolidación do xogo/deporte tradicional galego.

Nesta páxina podes consultar quen son estas asociacións: Listaxe na web de Brinquedia.


O sábado 3 de xuño, no recinto feiral Manuel Vila de Muimenta, vaise desenvolver a IX Festa dos xogos tradicionais. Nesta ocasión é XOTRAMU, a asociación do Xogo Tradicional de Muimenta quen organiza esta impresionante festa de convivencia, tradición e hermandade.


O domingo 4 de xuño, da man de Sustinea e coa colaboración do concello, terá lugar o II Ecomercado do Pereiro de Aguiar. Vaise desenvolver na área recreativa de Loñoá entre as 10 da mañá e as 2 e media da tarde.

Parabéns a Sustinea e a todas as asociacións ou grupos que traballan día tras día por facer deste mundo un lugar máis sostíbel, xusto e solidario.



Micro-relatos gañadores da 5ª edición do Cuncurso de micro-relato OZOCOgz



Dia das Letras Galegas 2017

Xa temos relatos gañador e finalista no V Concurso de micro-relatos OZOCOgz.

Unha vez lidos, entregada a puntuación e feita a media correspondente da totalidade dos micro-relatos presentados a concurso polos/as membros do xurado  e actuando como fedatario Eladino Cabanelas, en representación de OZOCOgz, resultaron gañador e finalista os seguintes relatos:

1º premio e gañador dunha camisola OZOCOgz e un vale por unha estancia para dúas persoas por unha noite, con almorzo incluído, na casa de turismo rural Aldea Rural Pazos de Arenteiro, no concello ourensán de Boborás, para o micro-relato UN SUPERHEROE, presentado co seudónimo ARGALLADAS, baixo o que se agochaba o nome de Susana Villamor Prieto.

Finalista e gañadora dunha camisola OZOCOgz e un lote de libros doado pola deputación de Ourense, o micro-relato UM TOPO, UM EVADIDO, presentado co seudónimo DORINDA BLAKE, baixo o que se agochaba o nome de Cruz Martínez.

Parabéns ás gañadoras!!!!! 

* * * * * * * *

1º premio: UN SUPERHEROE 
Por: Susana Villamor Prieto 

Fai uns meses atoparon restos humanos trala tapia da Casa da Cultura, noutrora matadoiro municipal, que resultaron ser do meu pai e doutro veciño da vila. 
Hoxe puxeron unha pedra no lugar cunha placa cos seus nomes. Foi un día de moito rebumbio, ata estivo a televisión. 
Xa na casa acocheime onda meu neto. Preguntoume que lle pasara ao bisavó. 
-Meu pai, díxenlle, era xuíz. Un bo home, benquerido e respetado en toda a contorna. Unha noite na primavera do ano 36 entraron na casa uns gardas de paisano: Es usted el Ilustrísimo Señor Don Luciano Graña? E sen agardar resposta algunha levárono e nono volvemos ver. 
-Matárono? 
-Sí. 
-Pero, porque? replicou o rapaz. 
-Pois... por ser leal ao seu corazón e non permitir endexamais as inxustizas. 
-Guau! Coma un superheroe! exclamou orgulloso. 
…Un superheroe! pensei. Sorprendinme sorrindo. Gustoume. 


 * * * 

Finalista: UM TOPO, UM EVADIDO 
Por: Cruz Martínez 



Ele conserva na retina o triste retrato de Maria depois da ultrajem, é uma rapada da represão. A visibilidade patente da violentação, uma vítima. Custa-lhe superar a situação e Manuel deve estar ausente, inexistente. É um topo, um evadido. 
Só o paporroibo achega-se à claraboia a dar-lhe o breve saúdo, a entoação nostálgica do tempo em que espertava com o sorriso belido da alegria. 
As pegadas inesperadas nas tábuas do chão da sala, fende a sua breve tranquilidade. Ignora quem pode importunar o seu isolamento, pois Maria está com a mãe na aldeia e pensa que está só. Deixa o pão com chouriça na roída tabuinha que lhe serve de mesa, colhe com temor a lanterna, achega-se sigilosamente à pequena abertura de madeira do faiado e observa. 
A celeridade dum projétil atravessa a escuridade da estância e ele cae. 

Novas chapas OZOCOgz

Agora máis grandes!!!!

Chapas OZOCOgz de 56 mm de diámetro.

Bonitos deseños para pequenos mais intensos agasallos.

Aproveita os prezos por lotes:
- 1 unidade 2,50 €
- 2 unidades  4,25 €
- 3 unidades  6,00 €
- 4 unidades  7,50 €
- 5 unidades  9,00 €

Á venda na nosa TENDA ONLINE





Comeza a Xira 2017 de OZOCOgz. En maio estaremos en...

OZOCOgz comeza a súa xira 2017 pateando o país!!!!

Para maio, Vilar de Santos, Sobradelo (Xunqueira de Ambía) e Narón xa teñen confirmada a nosa estadía.

O 7 estaremos acompañando á xente de A Arca da Noe e do Forno Tradicional Faragullas no III MERCADO de Vilar de Santos.
Música, bos alimentos, mercado, boa compañía e moito, moito máis. Non o perdas.



O 13 e o 14 estaremos acompañando a Rochi Nóvoa Vázquez no IV Tangaraño Cultural, un evento cultural de primeira orde e que cada ano se supera a sí mesmo.
Xa sabedes, música, poesía, fotografía, mercado, boa compañía e, até unha procesión te agardan se nos visitas en Sobradelo.


 
O 27 andaremos por Narón acompañando á boa xente que traballa en prol da recuperación do Xogo Tradicional, no XI Encontro Escolar de Xogos Tradicionais.
O noso maior agradecemento a toda esta xente.